X

O Cancioneiro Popular Galego de Dorothé Schubarth

A HISTORIA DUNHA MULLER

O Cancioneiro Popular Galego é o froito do entusiasmo e da teima dunha muller … Dorothé Schubarth…

Primeiros contactos con Galicia

Dorothé Schubarth, nos anos 70, era catedrática de Armonía e Contrapunto na Academia de Música de Lucerna, en Suiza.

En 1978 xa publicara “El Canto Popular en Europa” onde recolle as súas investigacións sobre a múisca popular europea.

Neste mesmo ano chega a Galicia de vacacións coa idea de achegarse a nosa música popular.

En Galicia estaba todo por facer, había un tesouro que ainda ninguén se preocupara en documentar dun xeito científico.

Ela soubo ver ese tesouro cando moi poucos o vían.

E iniciou esta labor sen ningún tipo de apoio económico.

Cinco anos percorrendo pobos e corredoiras

Este primeiro contacto prolóngase por máis cinco anos de intenso traballo percorrendo Galicia e crea un vínculo da musicóloga con esta terra que dura ata o día de hoxe.

Supoño que sería toda unha aventura moverse por Galicia dependendo de autobuses e de alguén que amablemente a levase, xa que ela non conducía.

E imaxino que cara poñerían os paisanos vendo aquela moza extranxeira que lles pedía que cantasen e tocasen para gravalos!

Debido as súas dificultades co idioma busca axuda en Antón Santamarina, Catedrático de Filoloxía Galega en Santiago, que colabora na recompilación, transcricións e clasificación dos textos.

Antón Santamarina tamén fai as xestións precisas para que a Fundación Barrié de la Maza apoie economicamente este traballo e se comprometa a súa publicación.

Entrevista feita pola Asociación Músicos ao Vivo a Dorothé Schubarth e Antón Santamarina

Un traballo reguroso e científico

Dorothé Schubarth é a primeira que aplica o método científico na recolleita, clasificación e estudo deste tipo de material en Galicia.

No Cancioneiro Popular Galego recóllense e clasificánse máis de 5000 pezas acompañadas das súas correspondentes gravacións.

É tamén e a primeira en valorar ás mulleres que lle transmiten o seu saber, rexistrando os seus nomes xunto coas pezas que aportan.

A publicación do Cancioneiro Popular Galego

En 1984 publícase o Cancioneiro Popular Galego co patrocinio da Fundación Barrié de la Maza.

Un total de sete volumes (o último adicado exclusivamente a índices e táboas sinópticas) que se organizan nos epígrafes:

  • Oficios e Labores
  • Festas Anuais
  • Romances Tradicionais
  • Romances Novos
  • Cantos Narrativos
  • Sucesos
  • Coplas Locais e Cantos Dialogados e máis Coplas Diversas
  • Cantos Enumerativos e Estróficos

Sen dúbida é o referente para os estudiosos da música tradicional Galega, ainda que, ó ser un traballo tan académico  precísase unha formación específica para poder traballar con él.

A súa xenerosidade

No ano 2014 Dorothé Schubarth doa o seu arquivo sonoro o Museo do Pobo Galego para poder ser incorporados ó Arquivo  do  Patrimonio  Oral  da  Identidade.

Entrevista con Dorothé Schubarth feita por Punto e Volta

O recoñecemento

Na cuarta edición dos premios Martín Códax, promovidos pola Asociación de Músicos ao Vivo, acordouse outorgar o seu galardón honorífico a Dorothé Schubarth.

En recoñecemento a súa labor de recollida do Cancioneiro Tradicional Galego.

«As novidosas achegas metodolóxicas de Schubarth, a súa xenerosidade, a súa condición de muller intrépida e empoderadora doutras mulleres, así como o insuficiente coñecemento do alcance do seu legado por parte da sociedade, convértena na indiscutible merecedora»

OS TEUS COMENTARIOS

Coñecías a Dorothé Schubarth?

Tiñas oido falar do seu Cancioneiro Tradicional Galego?

Sabes da importancia que supón este traballo para a conservación do patrimonio musical galego?

Podes deixar a túa opinión máis abaixo, na caixa de comentarios.

Eloi e Pilar:

View Comments (4)

Related Post