X

Punto E Volta-Unha volta pola música e o baile tradicionais

CATRO RAPACES

Olaia, David, Raquel e Alejandro son catro mozos amantes da música e o baile tradicionais.

Todos eles bailan e tocan nalgún grupo ou asociación das tantas que hai polo país.

AS DÚBIDAS

No seu contacto coa música e o baile, cos seus profesores, coas recollidas… foron surxindo moitas preguntas…

  • Cal é a función social das músicas de raíz?
  • Como evolucionou, neste últimos anos, o xeito de transmitir o noso patrimonio musical?
  • Porque houbo unha ruptura xeracional
  • Seguénse a perpetuar os roles de xénero?
  • O xeito de ensinar hoxe condiciona a evolución da música?
  • Hai novos camiños por explorar a partir do legado que nos deixaron?
  • A quen pertence todo este patrimonio?
  • Cal é o papel da administración?

Atoparon un baleiro e moitas preguntas por contestar…

Era preciso facer unha panorámica da música e o baile tradicional en Galicia e abrir un espazo de debate, feflexión e transmisión.

O proxecto PUNTO E VOLTA sobre a música e o baile tradicionais

Estes catro rapaces, ademáis de músicos tamén son xornalistas.

E desenvolveron o proxecto Punto e volta, un proxecto de investigación, que usando como ferramentas as novas tecnoloxías, tenta atopar respostas e abrir un debate ó redor da música e o baile tradicionais.

O xurado da bolsa Nacho Mirás para novos titulados de Xornalismo considerou que pagaba a pena financiar este proxecto.

E así comezaron a percorrer os pobos e lugares de Galicia na procura de respostas…

O PAPEL DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

É ben certo que hoxe en día o mundo é máis pequeno.

Podes estar en calqueira parte do planeta nunhas poucas horas.

Pero incluso, sen sair da túa propia casa, através da rede, estás conectado con todos.

A semana pasada falamos de Dorothé Schubarth e de como recolleu máis de 5000 pezas por toda Galicia.

(Por certo, se ainda non o liches… podes facelo aquí ? O Cancioneiro Popular Galego de Dorothé Schubarth.)

A tecnoloxía da que ela dispoñía era, sen dúbida, moito máis rudimentaria da que temos hoxe en día.

O proxecto Punto e Volta bota mán das novas tecnoloxías, páxina web, facebook, youtube… coa importancia que estos teñen para a difusión, a achega do coñecemento e a participación de tódolos interesados na música e o baile tradicionais.

A web de PUNTO E VOLTA

Na web de Punto e Volta hai dúas seccións, por unha banda, as entrevistas e por outra, as pezas e os bailes.

As entrevistas

A recollida non se limita a grabar a peza…  e xa está!

Hai un interés por coñecer as motivacións dos entrevistados para cantar e bailar, porque empezaron, quen lles ensinou, a quen ensinaron eles, porque deixaron de ensinar…

Podemos ver tamén ás distintas xeracións, cada unha contando a súa visión e as súas circunstancias.

As entrevistas son básicas para encontrar resposta a moitas das dúbidas plantexadas.

E ademáis…  é moi lindo escoitalas…!

Estas son as pandereteiras de Anxeríz contando como intentaron ensinar ás fillas e ás netas

As Chispas de Compostela falando sobre os roles de xénero no baile

  

As pezas e os bailes

Aquí recóllense as pezas e os bailes que aportan os entrevistados para quen desexe velos, escoitalos e aprendelos.

Xurxo Fernándes e a Xota de Camariñas

Tocadoras da Pontragha – Ribeirana de Meirol (Mondariz)

ONDE PODES ATOPAR O PROXECTO PUNTO E VOLTA

Podes visitar:

Un proxecto que paga a pena dar a coñecer, así que xa sabes failles unha visita e comparte nas túas redes sociais.

QUE CHE PARECE?

Que che parece este proxecto?

Xa o coñecías?

Que opinas da situación do baile e a música tradicionais neste momento?

Eloi e Pilar:
Related Post