Sempre é bo momento para cantar e bailar.
E os nenos sempre están dispostos para unha boa sesión musical…!
Aquí tes algunhas propostas de música en galego para desfrutar cos teus peques…!
CANTA E BAILA….!
1#. Cancións para desafinar da Gramola Gominola
A Gramola Gominola é un grupo de rock para os máis pequenos.
Está formado por Paco Cerdeira (Guitarra), Anxelo de Xermar (Baixo), Ro Muñoz (Batería) e Paula Romero (Voz). Se queres coñecelos un pouquiño mellor mira aquí.
No 2015 sacaron o seu primeiro traballo, en formato libro disco, “A Gramola Gominola” que fai un repaso pola música contemporánea, pasando polo blues, o funky, o pop, o country, heavy….
“Cancións para desafinar”(2017) é o seu segundo traballo, no que invitan a cantar e bailar a todo o mundo.
Tamén está nun formato libro-disco con ilustracións de Iago Araujo.
O videoclip “Campión Internacional”
Merca o libro-disco Cancións para desafinar
Merca o Libro-Disco A gramola gominola
2#. Entroidanzas de Pesdelán
Se queres saber máis sobre a agrupación Pesdelán e coñecer o seu primeiro traballo, “Na punta do pe”, podes ler o artigo Cinco propostas de música galega para nenos.
Neste segundo traballo Pesdelán trainos as músicas e as danzas coas que se celebra o entroido en distintas partes do mundo.
Son bailes presentados dun xeito moi pedagóxico para que todos poidamos aprendelos.
Presentación de Entroidanzas
Merca Entroidanzas
3#. Aire de María Fumaça
Se queres coñecer máis polo miudo o proxecto María Fumaça e os seus anteriores traballos, podes facelo aqui
Aire é o seu terceiro traballo.
O mesmo que os outros pretende transmitir a alegría de vivir con ritmos variados e divertidos.
Ven conmigo
Merca o libro-disco Aire de María Fumaça
4#. TIC TAC TOC de Pablo Díaz
Pablo Díaz está vinculado coa música e o baile tradicional dende pequeno.
Ten formado parte de varios grupos de música folk e tradicional.
Tamén ten colaborado con outros artistas e escrito artigos sobre a música tradicional.
Os seus traballos en solitario van adicados os máis pequenos da casa.
O libro-disco Tic Tac Toc é o cuarto traballo de Pablo Díaz (Nadal 2016).
Nél achéganos ás cancións do folclore de distintos paises do mundo.
O libro está ilustrado por Almudena Aparicio.
Os seus traballos anteriores son:
- TIC TAC (2009)
- TOC TOC (2013)
- Xente miúda, moita fartura (2014)
“Fala redes” e o espectáculo TIC TAC TOC de Pablo Díaz
Merca Tic Tac Toc
5#. Té, chocolate, café de Golfiños
Neste traballo da agrupación golfiños mistúranse os contos, a música, os debuxos, as sensacións…
Dozura e alegría que te invitan a cantar e bailar…!
As ilustracións do libro son de Elena Paz Alonso e Carlota Liz Paz.
Tamén hai debuxos feitos por unha nena de cinco anos, fotografias e texturas da natureza.
Todo un desfrute para os máis pequeniños…!
Cinco Patiños
Merca o libro-disco Té, Chocolate, Café
COMENTA
Acostumas a cantar e bailar cos teus pequenos?
Que ritmos son os teus preferidos?
Tes algunha outra proposta?
Podes deixar na caixa de comentarios as túas opinións.