Un Cativo amante da música
Esta historia comeza cun cativo, no lugar de Asados en Rianxo, que pasa o seu tempo entre a escola, a carpinteria de seu pai e xogando a sarcarlle notas as canas que atopa.
Pepe é un neno o que lle gusta moito a música.
E xunto co seu irmán, Alfonso, dende ben pequenos, andan a experimentar cos sons.
Por fin unha gaita de verdade
Vendo a afección destes rapaces pola música, os pais mercáronlles os instrumentos.
A súa apredizaxe foi autodidacta.
Daquela non tiñan un profesor que lles ensinara como facelo, así que todo era probar e probar…
Este xeito de aprendizaxe natural, sen guías, levou a que Pepe tocase a gaita do revés.
Él pon o fol debaixo do brazo esquerdo, e a man dereita na parte alta do punteiro e a esquerda abaixo… vamos…! ó revés do que fai todo o mundo.
E tendo Pepe doce anos xa forma un cuarteto de gaitas co seu irmán e dous veciños.
O grupo chamábase Airiños da nosa terra.
Neste tempo andan tocando e aprendendo polas festas da contorna.
Cando chegou o tempo de facer o servicio militar, o grupo desfíxose…
Os Rosales
Pero Pepe, en canto volta, forma un novo grupo, Os Rosales.
Neste grupo tamén está o seu irmán Alfonso.
O resto dos membros do grupo van cambiando por mor da emigración, a mili, o exilio ….
Con 23 anos Pepe casa coa señorita Ecléptica Órbita, máis coñecida como Maruxa, que por aquel entonces contaba con 19.
Sí… xa sei o que estas pensando…! pero que nombre é ese…? Ecléptica Órbita…?
Ela tamén pensou o mesmo cando foi facer o carné de identidade e descubriu que a inscribiran no rexistro con ese nome.
Maruxa cantaba nas fiadas. lavando a roupa, cando ía apañar herba … vamos…! cantaba para todo.
Un día, Alfonso, o irmán de Pepe, sofre un accidente e non pode tocar.
Teñen que buscar rápido un sustituto pois teñen compromisos que atender.
Pero non atopan homes que sepan tocar e que se poidan incorporar o grupo.
O nunca visto
Maruxa botáballes unha man nos ensaios. Se algún non podía ir, ela ocupaba o seu posto e ademáis coñecía tódalas cancións.
Así que decidiron que fora ela quen se incorporase ó grupo.
Dende logo era toda unha novidade que unha muller formase parte dun grupo de gaiteiros.
Pero Maruxa chegou para quedarse e para darlle un aire novo ós Rosales
Ela tocaba o bombo e cantaba.
E ademáis facía de mestra de cerimonias presentando as cancións do repertorio.
Maruxa gañouse o respeto e o cariño do público.
Todos querían contratar a aquel grupo que levaba unha moza entre os seus compoñentes…
Familia, música e tradición
Maruxa e Pepe eran pais, e se eles ían tocar, pois os nenos ían con eles.
Tiveron catro fillos que viviron dende pequeniños no ámbiente da música e tradición.
Maruxa formaba parte do grupo os Rosales pero a máis diso tiña que asumir o coidado dos nenos e da casa.
Como ela conta nunha entrevista, “Cando chegabamos pola noite, xa tarde, todos ían para a cama, pero eu tiña que lavar os traxes para a actuación do día seguinte…”
Tres dos fillos de Pepe e Maruxa, a medida que foron medrando, aprenderon a tocar e fóronse incorporando tamén ó grupo.
O éxito
Os Rosales foron un grupo innovador.
- Contaban cunha muller no grupo.
- Introduciron instrumentos novos como o acordeón e tamén usaron gaitas de distintas tonalidades.
- Tiñan un amplo repertorio, no que predominaban as pezas cantadas, e tocaban para que a xente bailase e cantase.
- O ser un grupo familiar tamén lles daba unha estabilidade e unha compenetración importantes.
Todos estes aspectos fixeron que o grupo tivera moito éxito e se mantivera tanto tempo.
Co auxe das orquestas e das bandas os gaiteiros foron perdendo terreo.
Mesmo un grupo como Os Rosales tiveron que loitar para sobrevivir.
Eles botaron mán de tódolos seus recursos para manterse o pé do cañón.
Tocaron por toda Galicia, por Portugal, Asturias, Madrid, Barcelona, a Expo de Sevilla e incluso foron a Bruselas onde percorreron tódolos centro galegos.
Os seus discos
1#.Lembrando (1982)
Gracias o seu éxito ofrecéronlles a posibilidade de grabar este disco.
Os temas do disco:
LADO 1
- Os Rosales
- Na Eira
- Foliada de Carril
- A Camposa
- Lembrando (1ªparte)
- No Cruceiro Novo
LADO 2
- Ribeirana
- Lembrando (2ªparte)
- Garabullos de Ortigueira
- Río de Anxo
- Amor Rianxeiro
- O pau
2#.De Foliada en San Pedro de Vilas (1989)
Neste disco interpretan composicións de Xosé Romero (Pepe) con letras populares adaptadas por Maruxa Mínguez.
No ano 1996 fíxose unha reedición en CD.
Os temas do disco
- Roseiras
- Polca a Lioira
- Foliadas das Ameixas
- Muiñeira a Gatuxa
- Foliada dos Vellos
- Tuxeiriña
- Marcha procesional de San Pedro de Vilas
- Mazurca Agasallo
- Foliada dos Canteiros
- Latexo de paxaro
- Foliada do Muiño
O programa Alalá-Músicas completas dos Rosales
Tempo de parar
No ano 2003 o grupo deixa de actuar.
Maruxa e Pepe baixan o ritmo, pero siguen ensinando, compoñendo e tocando.
CÓNTANOS
Coñecías ó grupo Os Rosales?
Que che parece a súa historia?
Podes deixar a túa opinión máis abaixo, na caixa de comentarios.
Guardar