X

Xa chega o LAROUCOFEST 2017-Imos?

 

Xa chega a III edición do Laroucofest…!

Un ano máis a Xuventude do Concello de Baltar e a Asociacion de Mulleres Rurais da Raia organizan este festival que xunta a música tradicional, o coidado da natureza e o deporte.

O sábado 29 de Xullo tes unha cita no campo da praia fluvial do Caneiro en Baltar, ós pes da Serra do Larouco, para desfrutar de tódalas actividades que están programadas.

 

A SERRA DO LAROUCO

A Serra do Larouco segue sendo a grande protagonista deste evento.

E de novo haberá actividades para lembrarnos que é preciso coidar e protexer a natureza pois, precisamete, esta zona tense visto moi afectada polos incendios forestais.

 

ACTIVIDADES VARIAS DO LAROUCOFEST

Haberá actividades para tódolos gustos e idades, feira de artesanía, foliada, parapente, concertos…

Se eres deportistas podes participar na andaina polo Larouco a partires das 10:00 da máñá. (Os detalles aquí)

E se queres ter unha visión especial da festa atende, coincidindo co Laroucofest celebrarase o Campionato Preeuropeo de Parapente na Serra do Larouco. Anímaste a voar…! Podes ver toda a información no facebook.

A partir das 16:00 haberá festa popular, con xogos, obradoiro de baile tradicional e todo amenizado coa música das Xeitosiñas e a Banda de Gaitas de Baltar.

E facendo as delicias de pequenos e maiores Cé Orquestra Pantasma cos seus instrumentos e trebellos de fabricación propia que te deixarán abraiado…! Xa falamos dél nesta entrada do blog  5 LIBRO-DISCOS en galego para gozar en familia.

Ah! e non te olvides de levar o teu instrumento-compañeiro para participar da Foliada. Se non tes, date unha volta pola web, podes empezar por ver algunhas das nosas pandeiretas.

 

SORTEOS

Xa están a venda as rifas deste ano.

Pódeche tocar:

  • Un vale para gastar no Centro Sport de Xinzo.
  • E se che gusta a música tradicional é a túa oportunidade de gañar unha destas pandeiretas ou este tamboril SonDePau.

Non perdas esta oportunidade…!

Tamén estaremos na feira de artesanía así que… pásate a vernos…! Encantarános saudarte!

Os concertos serán de entrada libre.

E se non te queres perder nada haberá unha zona de acampada, para que vivas o Laroucofest a tope.

 

LAROUCOFEST  Concertos 2017

A festa está asegurada cos grupos invitados…!

 

1#. Tanto Nos Ten-Música tradicional furtiva

Como eles mesmos nos contan na súa páxina web Tanto Nos Ten-Música Tradicional Furtiva:

“Somos un grupo de música da Galiza que empregamos no noso repertorio músicas e letras propias e do saber popular, retranqueiras, de escarnio e comprometidas co país,…

…e que, xunto ós pasodobres, muiñeiras, foliadas, rumbas e outros ritmos bailables, conforman o que denominamos, música tradicional furtiva…

…coa que tratamos de interactuar coa xente, e converter nunha festa cada unha das nosas intervencións, tanto de rúa como de palco.”

 

Alalá nº216 “O Rei da Festa”

 

2#. Os da Porfía

Sete pandereteiros e tres músicos, todos eles apaixoados da música e o baile tradicionais, e que se xuntan neste proxecto para facernos disfrutar coas súas músicas.

Arriba eses pandereteiros…!

 

Maneo e Muiñeira de Anxeriz-TVG

3#. The Tetas’ Van

Un grupo de rapazas revolucionarias con moita enerxía.

Podes visitar a súa páxina web The Tetas’ Van  para coñecelas un pouco máis.

“Ainda que somos especialistas en versións o noso obxectivo é o de divertir transmitindo, reivindicando e loitando contra as inxustizas que nos tocan a todas, a través da nosa língua galega”…

 

As mozas somos guerreiras

4#. Sacha na Horta

Sacha na Horta levan 10 anos facendo festa cun estilo moi particular que eles chaman “agro-punkchanga”.

Horta Revolution

CÓNTANOS

Vas ir ó Laroucofest?

Fúches o ano pasado? ¿Que tal?

Sabes algún dato que a nós se nos pasou por alto?

Cóntanolo nos comentarios.

 

SUSCRÍBETE

Se che gusta a web suscríbite e mandámosche as novidades do blog o teu correo.

Guardar

Eloi e Pilar:
Related Post