Xa chega a III edición do Laroucofest…!
Un ano máis a Xuventude do Concello de Baltar e a Asociacion de Mulleres Rurais da Raia organizan este festival que xunta a música tradicional, o coidado da natureza e o deporte.
O sábado 29 de Xullo tes unha cita no campo da praia fluvial do Caneiro en Baltar, ós pes da Serra do Larouco, para desfrutar de tódalas actividades que están programadas.
A SERRA DO LAROUCO
A Serra do Larouco segue sendo a grande protagonista deste evento.
E de novo haberá actividades para lembrarnos que é preciso coidar e protexer a natureza pois, precisamete, esta zona tense visto moi afectada polos incendios forestais.
ACTIVIDADES VARIAS DO LAROUCOFEST
Haberá actividades para tódolos gustos e idades, feira de artesanía, foliada, parapente, concertos…
Se eres deportistas podes participar na andaina polo Larouco a partires das 10:00 da máñá. (Os detalles aquí)
E se queres ter unha visión especial da festa atende, coincidindo co Laroucofest celebrarase o Campionato Preeuropeo de Parapente na Serra do Larouco. Anímaste a voar…! Podes ver toda a información no facebook.
A partir das 16:00 haberá festa popular, con xogos, obradoiro de baile tradicional e todo amenizado coa música das Xeitosiñas e a Banda de Gaitas de Baltar.
E facendo as delicias de pequenos e maiores Cé Orquestra Pantasma cos seus instrumentos e trebellos de fabricación propia que te deixarán abraiado…! Xa falamos dél nesta entrada do blog 5 LIBRO-DISCOS en galego para gozar en familia.
Ah! e non te olvides de levar o teu instrumento-compañeiro para participar da Foliada. Se non tes, date unha volta pola web, podes empezar por ver algunhas das nosas pandeiretas.
SORTEOS
Xa están a venda as rifas deste ano.
Pódeche tocar:
- Un vale para gastar no Centro Sport de Xinzo.
- E se che gusta a música tradicional é a túa oportunidade de gañar unha destas pandeiretas ou este tamboril SonDePau.
Non perdas esta oportunidade…!
Tamén estaremos na feira de artesanía así que… pásate a vernos…! Encantarános saudarte!
Os concertos serán de entrada libre.
E se non te queres perder nada haberá unha zona de acampada, para que vivas o Laroucofest a tope.
LAROUCOFEST Concertos 2017
A festa está asegurada cos grupos invitados…!
1#. Tanto Nos Ten-Música tradicional furtiva
Como eles mesmos nos contan na súa páxina web Tanto Nos Ten-Música Tradicional Furtiva:
“Somos un grupo de música da Galiza que empregamos no noso repertorio músicas e letras propias e do saber popular, retranqueiras, de escarnio e comprometidas co país,…
…e que, xunto ós pasodobres, muiñeiras, foliadas, rumbas e outros ritmos bailables, conforman o que denominamos, música tradicional furtiva…
…coa que tratamos de interactuar coa xente, e converter nunha festa cada unha das nosas intervencións, tanto de rúa como de palco.”
Alalá nº216 “O Rei da Festa”
2#. Os da Porfía
Sete pandereteiros e tres músicos, todos eles apaixoados da música e o baile tradicionais, e que se xuntan neste proxecto para facernos disfrutar coas súas músicas.
Arriba eses pandereteiros…!
Maneo e Muiñeira de Anxeriz-TVG
3#. The Tetas’ Van
Un grupo de rapazas revolucionarias con moita enerxía.
Podes visitar a súa páxina web The Tetas’ Van para coñecelas un pouco máis.
“Ainda que somos especialistas en versións o noso obxectivo é o de divertir transmitindo, reivindicando e loitando contra as inxustizas que nos tocan a todas, a través da nosa língua galega”…
As mozas somos guerreiras
4#. Sacha na Horta
Sacha na Horta levan 10 anos facendo festa cun estilo moi particular que eles chaman “agro-punkchanga”.
Horta Revolution
CÓNTANOS
Vas ir ó Laroucofest?
Fúches o ano pasado? ¿Que tal?
Sabes algún dato que a nós se nos pasou por alto?
Cóntanolo nos comentarios.
SUSCRÍBETE
Se che gusta a web suscríbite e mandámosche as novidades do blog o teu correo.

