X

5 muiñeiras e un casamento… Bailamos?

 

Muiñeiras, a música e o baile dos muiños

Fai algúns anos, nesta nosa terra, a música e o baile formaban parte da vida cotiá da xente.

A música estaba presente no tempo de lecer, como agora, pero tamén acompañaba os traballos do campo, as mulleres cantaban lavando a roupa, os mozos cantaban e bailaban no muiño e no fiadeiro, os camiñantes cantaban polos camiños…

Música e baile que son a expresión da alma dun pobo. Alí onde se xuntaba a xente a musica e o baile aparecían de xeito natural.

Unha desas músicas era a muiñeira que co seu ritmo vivo convida a bailar e a pasalo ben.

Así que aquí che deixamos unhas cantas muiñeiras para animarche o día…!
 
 

1#. MUIÑEIRA DE BRANDOÑAS-Xurxo Fernándes

Xurxo Fernándes canta e toca esta muiñeira nunha entrevista que lle fixeron os rapaces do proxecto Punto e Volta.

Se non sabes de que vai este proxecto pásate polo artígo Punto E Volta-Unha volta pola música e o baile tradicionais, e contámosche de que se trata. Moi interesante…!

 

 

2#. MUIÑEIRA DE LIMIÑOA-Xabier Díaz

A muiñeira de Limiñoa é un dos cortes do disco de Xabier Díaz  coas Adufeiras do Salitre “Tamborine man”(2015).

Lindura…!

 
 

3#. AIRES DE LA HABANA, AIRES DEL QUERER-Pura

As pezas tradicionais chegaron ata nós gracias a que hay xente que as garda na súa memoria por moitos anos e que outros, vendo a importancia dese patrimonio musical, se adican a percorrer o país para deixar constancia delas.

O noso agradecemento para todos eles…!

 

Unha peza tradicional cantada por Pura de Pigarzos.

 
 

4#.O POUSA-A Roda

O mítico grupo A Roda dalle unha volta o Pousa… para iso conta coa colaboración de Sés, Luis Iglesia, Luis Vaamonde, Miguel Costas…

Veña… a bailar…!

 
 

5#. Muiñeiras de vai e ven-Pancho Álvarez

Pancho Álvarez é un referente da música folk en Galicia.

No seu disco, “Florencio o cego dos Vilares”(1998), no que fai unha homenaxe os cantos de cego, aparece esta peza, “Muiñeiras de vai e ven


 
 

O Casamento

Ana e Alex son bailaríns do grupo Xacarandaina e quixeron que a música e o baile tradicionais estivesen presentes no seu casamento.

Abriron o baile da festa con un vals que remataron cuns puntos de muiñeira… Da xenio velos bailar…!

Se tes pensado casarte pronto… xa sabes… que non falte a música galega!


 
 

DEIXANOS UN COMENTARIO SOBRE ESTAS MUIÑEIRAS

Que sintes cando escoitas unha muiñeira? Dánche ganas de porte a bailar?

Cal das cinco che gusta máis?

Cóntanos cal é a tú muiñeira preferida.

Eloi e Pilar:

View Comments (4)

  • Pois eu fun galega consorte durante unha morea de anos, agora xa non son galega consorte pero teño a sorte de sentirme galega. Curiosamente, mentres durou o meu matrimonio, a música tradicional non me chamou en absoluto, pero no momento en que a miña ex-parella saiu da miña vida foi como se a música chegase para encher o oco que deixou. Hai nove meses empecei a tocar a pandeireta, o tamboril e a perpetrar os meus primeiros puntos... non teño talento ningún, e ás veces paréceme simplemente imposible pero... sen música non tería sobrevivido.
    Agora só me queda atopar un Xabier Díaz que me acaricie así os oídos e a alma (quédome coa muiñeira de Limiñoa)

    • Dende logo a Muiñeira de Limiñoa é un agasallo para os ouvidos...! A mín tamén me parece preciosa.
      Pois nós somos galegos... e empezamos con isto da música tradicional fai relativamente pouco tempo, uns catro anos. Eso sí!...botámonos de cabeza...!Ja,ja,ja!
      E cando empezas todo parece moi complicado e que non vas ser capaz... aí entra a constancia e a paciencia. Así que, moito ánimo! Nós tamén andamos nese camiño.
      Ah! e sorte co de atopar un "Xabier Díaz"...
      Unha forte aperta

Related Post