Muiñeiras, a música e o baile dos muiños
Fai algúns anos, nesta nosa terra, a música e o baile formaban parte da vida cotiá da xente.
A música estaba presente no tempo de lecer, como agora, pero tamén acompañaba os traballos do campo, as mulleres cantaban lavando a roupa, os mozos cantaban e bailaban no muiño e no fiadeiro, os camiñantes cantaban polos camiños…
Música e baile que son a expresión da alma dun pobo. Alí onde se xuntaba a xente a musica e o baile aparecían de xeito natural.
Unha desas músicas era a muiñeira que co seu ritmo vivo convida a bailar e a pasalo ben.
Así que aquí che deixamos unhas cantas muiñeiras para animarche o día…!
1#. MUIÑEIRA DE BRANDOÑAS-Xurxo Fernándes
Xurxo Fernándes canta e toca esta muiñeira nunha entrevista que lle fixeron os rapaces do proxecto Punto e Volta.
Se non sabes de que vai este proxecto pásate polo artígo Punto E Volta-Unha volta pola música e o baile tradicionais, e contámosche de que se trata. Moi interesante…!
2#. MUIÑEIRA DE LIMIÑOA-Xabier Díaz
A muiñeira de Limiñoa é un dos cortes do disco de Xabier Díaz coas Adufeiras do Salitre “Tamborine man”(2015).
Lindura…!
3#. AIRES DE LA HABANA, AIRES DEL QUERER-Pura
As pezas tradicionais chegaron ata nós gracias a que hay xente que as garda na súa memoria por moitos anos e que outros, vendo a importancia dese patrimonio musical, se adican a percorrer o país para deixar constancia delas.
O noso agradecemento para todos eles…!
Unha peza tradicional cantada por Pura de Pigarzos.
4#.O POUSA-A Roda
O mítico grupo A Roda dalle unha volta o Pousa… para iso conta coa colaboración de Sés, Luis Iglesia, Luis Vaamonde, Miguel Costas…
Veña… a bailar…!
5#. Muiñeiras de vai e ven-Pancho Álvarez
Pancho Álvarez é un referente da música folk en Galicia.
No seu disco, “Florencio o cego dos Vilares”(1998), no que fai unha homenaxe os cantos de cego, aparece esta peza, “Muiñeiras de vai e ven”
O Casamento
Ana e Alex son bailaríns do grupo Xacarandaina e quixeron que a música e o baile tradicionais estivesen presentes no seu casamento.
Abriron o baile da festa con un vals que remataron cuns puntos de muiñeira… Da xenio velos bailar…!
Se tes pensado casarte pronto… xa sabes… que non falte a música galega!
DEIXANOS UN COMENTARIO SOBRE ESTAS MUIÑEIRAS
Que sintes cando escoitas unha muiñeira? Dánche ganas de porte a bailar?
Cal das cinco che gusta máis?
Cóntanos cal é a tú muiñeira preferida.
Pois eu fun galega consorte durante unha morea de anos, agora xa non son galega consorte pero teño a sorte de sentirme galega. Curiosamente, mentres durou o meu matrimonio, a música tradicional non me chamou en absoluto, pero no momento en que a miña ex-parella saiu da miña vida foi como se a música chegase para encher o oco que deixou. Hai nove meses empecei a tocar a pandeireta, o tamboril e a perpetrar os meus primeiros puntos… non teño talento ningún, e ás veces paréceme simplemente imposible pero… sen música non tería sobrevivido.
Agora só me queda atopar un Xabier Díaz que me acaricie así os oídos e a alma (quédome coa muiñeira de Limiñoa)
Dende logo a Muiñeira de Limiñoa é un agasallo para os ouvidos…! A mín tamén me parece preciosa.
Pois nós somos galegos… e empezamos con isto da música tradicional fai relativamente pouco tempo, uns catro anos. Eso sí!…botámonos de cabeza…!Ja,ja,ja!
E cando empezas todo parece moi complicado e que non vas ser capaz… aí entra a constancia e a paciencia. Así que, moito ánimo! Nós tamén andamos nese camiño.
Ah! e sorte co de atopar un “Xabier Díaz”…
Unha forte aperta
🙂 Bicos
Beixiños para tí tamén…!