Os instrumentos musicais son tan bonitos, de madeira, tan feitiños, tan redondiños….
Moitos instrumentos teñen formas redondeadas como a zanfoña, as guitarras, violíns… e outros son directamente redondos como os tambores, as pandeiretas, as pandeiras….
Nunca te preguntaches como se consigue darlle a forma circular os instrumentos?
Pois a cuestión esta en doblar a madeira.
Para iso existen varios métodos:
#Valeirando un tronco. Este é un método máis primitivo pero que ainda se segue usando para tambores grandes.
#Facendo muescas na cara interior da madeira, esto faise cun máquina, a mesma coa que sen fan as peneiras.
#Con vapor
#Con calor
Nós combinamos estes dous últimos e facémolo dun xeito totalmente artesanal.
CONTAMOSCHE O NOSO SISTEMA PARA DOBLAR MADEIRA
#Compramos láminas de distintos tipos de madeira
As laminas son de distintos grosores e veñen en pezas grandes que logo nos cortamos según as medidas do instrumento que queremos facer cunha serra de cinta.
#Pomos a madeira en remollo
Metres está en remollo aproveitamos para engadir sales de borax.
Sirven como un tratamento natural anti-insectos e antifúnxico.
#Metemos a madeira no vapor
A caixa de vapor é caseira e fixémola con:
-Unha pota a presión.
-Un fornillo para quentar a auga.
-Un caixón, no noso caso esta feito con planchas de porespán. Ten que ter un burato por donde entra o vapor e outro por onde saia e non explote.
-Un tubo que une a pota co caixón.
De momento está en fase experimental. Hai que mellorar alguns detalles, ainda que no básico funciona perfectamente. O problema está no porespán que co calor vaise deformando, entón temos que atopar un material máis axeitado para o caixón.
Unha vez que a pota empeza a ferver deixámola madeira dentro algo menos dunha hora.
#Usamos un molde cilíndrico metálico quente para doblar a madeira.
As madeiras máis finas e máis brandas non precisarían pasar por este proceso, co vapor sería suficiente.
Con un soprete quentamos o molde. Si está demasiado quente pode queimar a madeira, así que hai que ir probando ata collerlle o punto.
Collemos a lámina de madeira e imos envolvendo o molde con ela, pouco a pouco. Así a madeira irá collendo a forma redondeada.
Este é un proceso delicado porque a madeira pode agriearse.
#Agora precisamos outros moldes onde a madeira vaia secando
Unha vez que temos a madeira doblada, temos que metela nuns moldes ben suxeitas con sarxentos. Aquí estará uns dias ata que seque para que manteña a forma circular.
E xa podemos facer pandeiretas, tamboriles, pandeiras ….
CÓNTANOS
Coñeces outra forma de doblar madeira?
Tes algunha dúbida sobre o preceso?
Xa sabes, non te cortes e manda un comentario.










Hola.
Eu, humilde aficionado á madeira, sigo o mesmo proceso ca vos para doblala madeira.
Coméntovos un par de detalles que vos poden ser interesantes:
Os meus moldes son moi parecidos aos vosos pero antes de curvar as láminas póñolle fixa por fora unha lámina de aceiro flexible. Eso fai que sexa a parte interior da lámina a que se encolla e evita o astillado por fóra. É un procedimento que ven en todos os libros de curvado de madeira que atopei en internet e que se ve nos videos de procesos de curvado industrial.
A madeira de secadeiro ao vapor curva moi mal porque no proceso de secado perde plasticidade. Moito mellor a madeira seca ao aire.
O meu caixón de vapor está feito de chapa plegada en duas pezas que encaixan unha na outra. (no mesmo sitio no que me fixeron os moldes) Hai xente que usa tubos de PVC de auga quente con bos resultados. O meu chafouse enseguidiña.
Parece ser que é moi importante que o vapor entre por baixo do caixón e haxa sempre algo de auga para que burbullee e salga húmido. En caso contrario o vapor acaba secando a madeira e precisa estár húmida para conducir ben o calor ao interior da lámina.
A miña “máquina de vapor” é mercada en Amazon. Véndenas para arrincalo papel pintado das paredes. Paréceme moito mais cómodo que a pota a presión e non son caras.
Onde patino e na costura do borde da pel. ¿ algún vídeo, indicación, o que sexa para ver como se fai? A min quédame feísimo.
Parabéns pola vosa arte e por compartila.
Olá Gusi:
Moitas grazas polas túas aportacións, son moi interesantes.
Co da costura do borde da pel supoño que te refires ó reberete da pandeireta…
Eu uso unha plantilla de plástico ríxido e transparente para cortar a pel ó diámetro preciso.
Unha vez teño cortada a circunferencia uso unha segunda plantilla para marcar unha liña a 1.5 cm. do borde da pel.
Despois con un punzón de doble punta (as puntas están separadas aprox. un centímetro) vou furando a pel seguindo esa línea interior.
Agora meto a pel en auga media hora e despois con unha agulla de zapateiro e fío encerado coso pasando a agulla polos buratos marcados.
Hai que ir apretando ben o fío porque se non o secar a pel queda o fío floxo.
Así é como fago eu… espero que che sirva de axuda.
Encantados de compartir técnicas e truquiños…!
Un saúdo
Enténdo que ao ir pasando a agulla polos buratos dades a volta polo borde da pelica e se vai enroscando nela mesma.
Terei que probar así a ver como se da.
Moitas gracias pola información
Así é, o ir cosendo a pel vaise enroscando.
Se probas cóntanos que tal che quedou…!