Cando facemos un instrumento de percusion tradicional xeralmente copiamos as técnicas que xa usaron outros artesáns.
Esto danos a seguridade de algo que xa está probado, xa se fixo antes, en definitiva xa é coñecido e hai pouca marxe para ó erro.
En Galicia os instrumentos de percusión foron considerados como instrumentos de segunda. Por iso a súa evolución quedou estancanda tanto no xeito de tocar como no xeito de construílos.
Isto está cambiando nos últimos tempos.
E polo tanto ábrese un campo amplo para a experimentación.
Esto significa que tes que deixar a un lado o coñecido e comezar a explorar novos camiños.
É fundamental ter unha nova visión das cousas. Por que, ó fin e o cabo, non e máis que mirar as cousas dun xeito en que ainda non foron miradas.
EXPERIMENTANDO cos instrumentos de percusion tradicional
No Obradoiro Son de Pau permitímonos o luxo de adicar tempo á busqueda e experimentación para resolver inquedanzas artísticas, creativas, sonoras, de manexo…
Últimamente andamoslle dando voltas a algunhas cousas coma estas:
1#. Probar e seleccionar madeiras
Antes de mercar a madeira que empregamos nos instrumentos facemos probas para ver como se comportan á hora de doblalas, tinguilas, a súa resistencia…
Nas imaxes podes ver como probamos a madeira de amieiro partindo duns troncos secos que nos deu un veciño.
2#. Pandeiro Afinable
A inquietude que nos move neste caso é conseguir un pandeiro que se poida afinar dun xeito sinxelo, bonito e que non aumente moito o seu peso.
Nas imaxes apréciase como se tensa a pel separando os fíos centrais, algo similar os arochos no tamboril.
3#. Pandeiretas afinables
Estamos experimentando con métodos para o afinado das pandeiretas que basicamente consisten no tensado da pel con fíos.
Neste proceso surxen os diaños que son pandeiretas sin ferreñas.
Ideais para practicar xa que non fan moito ruido e o son que produce a cuchara de tensado contra a madeira sirvenos para marcar os acentos.
4#. Proxecto Aceptación
Co afán de experimentar e probar, construimos este instrumento o que chamamos aceptación.
Surxe de por en practica as seguintes ideas:
→Potenciar a singularidade das madeiras
Fronte a uniformidade nós apreciamos a peculiaridade.
Esta idea unida ó respeto polas árbores fai que nos resistamos a desbotar pezas de madeira que se poderían clasificar como defectuosas.
Estas pezas dan máis traballo pero teñen un maior potencial de singularidade.
→Buscar posibilidades sonoras
Buscamos acercarnos a ese son primixenio que escoitamos no ventre materno.
Latido de corazón e fluir de sangue.
Sonido de pel e metais pero surxido dende o interior.
Un instrumento que se toca polos dous lados. Un lado pel, o outro madeira.
→Profundizar na idea do tensado da pel con fíos
Nesta ocasión o tensado faise cun clavixeiro de guitarra.
Nun principio, buscando que os fíos vibrasen ó bater na pel, usamos cordas de nailon. Esta idea descartouse polo seu dificil manexo e porque a vibración era casi imperceptible.
→Este proceso constructivo é un reflexo dunha filosofía de vida
- Acéptate como eres, coas túas peculiaridades, ainda que estés fora dos estándares sociais.
- Valórate e sacar partido das túas circuntancias. Facer o cesto cos bimbios que tes a mán e co xeito co que sexas capaz nese momento.
- Desfruta do camiño independentemente do resultado.
→Conclusión
- Neste caso o instrumento resultou pouco práctico constructivamente. E en canto o seu son, non é o que se andaba buscando.
- O resultado non se axustou ó esperado, pero o proceso creativo foi divertido, moveunos a ilusión e sen dúbida adquirimos máis habilidades manuais e destrezas vitais.
CONTANOS TÍ
Gústache experimentar ou prefires ir ó seguro?
Que opinas sobre o fracaso?
Esperámoste nos comentarios.