
Experimentando coa frauta-gaita
Unha frauta-gaita…? Se queres saber o que é sigue lendo…!
Levo participando, durante os últimos cinco anos, nos cursos de construcción de instrumentos musicais tradicionais e antigos que organiza o Obradoiro da Diputación de Ourense.
Netes cursos, e baixo a supervisión do mestre Manuel Brañas, construín , entre outros instrumentos, un par de gaitas afinadas en do e un punteiro en sol,
Neste ano propúxenme construir a primeira gaita no meu Obradoiro.
Entre as ferramentas que precisaba, e que non tiña, estaba un escariador para perfilar o furado interior cónico do punteiro.
Así que fun ó torneiro para encargarlo…. pero pillounos a corentena e a día de hoxe ainda sigo sen él.
Estes días un tanto incertos permitínme o luxo de adicar parte do meu tempo a experimentar.
Sen escariador non podía facer o punteiro, pero sí o resto da gaita, e xa que había tempo… púxenme mans a obra…!
1#. Facendo a gaita
As pezas da gaita están feitas con madeira de cerdeira e levan un acabado de varias mans de aceite de tung.
E seguindo co experimento, fixen un adaptador para acoplar unha frauta á gaita coa idea de poder ensaiar na casa sen molestar tanto á familia.
Está en proceso de perfeccionamento, polo de pronto tiven que porlle unha pequena válvula ó adaptador para que só saira o aire ó exercer unha certa presión.
Outra cuestión que hai que ter en conta coa frauta-gaita é, que o ser a frauta máis longa, a posión das mans varía con respecto ó punteiro.

2#. Facendo o vestido e os farrapos
Para facer o vestido da gaita aproveitamos tela de lona e loneta que tiñamos de facer fundas e para os farrapos usamos unha bobina de fío de algodón que andaba pola casa.


3#. A frauta-gaita
Et voilà…! Este foi o resultado do experimento…

4#. Así soa a Frauta-gaita
Gústanche os experimentos…!
Por certo…! Se che gustan os experimentos tamén podes ver o seguinte artígo onde che enseño algunhas cousiñas máis que fixen. Preme aquí para ir.
Cóntanos…!
Que che parece…?
Pensas que a frauta-gaita é útil?
Que métodos usas tí para ensaiar e que non te boten da casa…?
Deixanos os teus comentarios…!