Por toda a península ibérica atopamos as xotas.
A Galicia parece que chegou dende Castela da man dos segadores que tódolos anos ían traballar alá, por iso non é raro que tamén se use o termo castelán de Jota.
HOXE TOCAN XOTAS….!
Aquí che deixamos 5 Xotas, cada unha co seu aquel…
1#. Xota de Bembrive-TANXUGUEIRAS
Este é o primeiro videoclip do grupo as Tanxugueiras que foi gravado en plena Serra do Courel, na pequena aldea de Vieiros, un destes pequenos lugares que pulan por renacer…
E ata alí foron para gravar este video nunha contorna impresionante… Non tiveron mal ollo para escollelo… verdade…?
2#.Xota de Lira-XABIER DÍAZ
Que imos decir de Xabier Díaz e as Adufeiras do Salitre…!
Mellor escoitalos…!
3#. Xota Atornillada-OS CARUNCHOS
Os Carunchos levan máis de 20 anos tocando e animándonos coas súas músicas e teñen seis discos no mercado, toda unha carreira…!
Veña… festaaaa…! Todos a bailar…!
4#. Xota de Caldebarcos-MARÍA DE FETÓS E XURXO FERNÁNDES…
Bonitos momentos onde conviven e comparten distintas xeracións…
5#. A canción Só ( Xota e Muiñeira)-DAVIDE SALVADO
Participación de Davide Salvado na III Rede de Músicas Soltas de Redondela organizada pola Central Folque.
Este tema é do seu disco Lobos…
Que che parecen estas xotas…?
Xa sabes, se queres deixarnos a túa opinión sobre esta entrada máis abaixo podes facelo, na caixa de comentarios. Anímate!

Pois hoxe non sei con cal quedarme (e mira que todo o mundo sabe a miña debilidade polo Xabier Díaz (aínda sigo a buscar o meu). Podo quedarme con todas? 😉
Bicos e grazas polo agasallo , o voso blog faime un pouquiño máis doada a vida :*
O bó e que podes desfrutar de todas. E cada unha delas será axeitada para un momentiño do teu día. Se che apetece bailar e brincar… Os Carunchos, por suposto.
A das Tanxugueiras esta ben para un momento lareira con chocolatiño quente… (será pola paisaxe do video…). E a de Xabier Díaz… unha veliñas, boa compañía e unha copa de viño… A Xota de Caldebarcos para un momento sobremesa con amigos (como están eles). E a de Davide Salvado para un momento contemplativo, simplemente escoitar e mirar… ??
Ai a música… que maravilla…!
Nun comentario pasado preguntaches se se podían subir fotos aquí… pois non se pode. Pero se queres compartir algunha foto con nós podes facelo no noso facebook.
Unha aperta moi forte e desfruta deses pequeniños momentos da vida…!