Todo depende dos ollos cos que mires o mundo.
Unha taboa de madeira pode ser un simple pau ó que non se lle presta maior atención.
Pero, mirando con outros ollos, un simple pau foi árbore e foi paisaxe…
… foi froito que alimentou a paxariños que foron canto…
… foi fresca sombra e foi aire puro …
…foi agocho de moitos animaliños …
…foi raices profundas e cogumelos…
Ese pau foi tempo e foi paciencia…
Como non imos dar as gracias a ese pau que nos sirve para facer a nosa casa, quentarnos e facer o pan no inverno, e agora tamén para facer instrumentos que serán música.
Disfruta tocando e facendo música. Música que é pau, é árbore, é paisaxe, é froito, é fresca sombra, é raíz profunda, é tempo, é paciencia …
Grazas árbore por tanta vida…
E descárgate gratis o Cancioneiro de Son de Pau
Gratis e 100% libre de spam