Gaiteira, compositora e unha das voces imprescindibles da música contemporánea galega.
Despois de Benzón e Lúas de outubo e agosto chega, O mundo está parado o terceiro disco en solitario de Guadi Galego.
Na súa intensa traxectoria musical, a compositora galega tamén formou parte de proxectos como Berrogüetto, Nordestin@s, Espido ou aCadaCanto.
A súa carreira está asentada na música galega de raíz e dende ahí explora outros territorios.
A DISCOGRAFÍA de Guadi Galego
Imos facer un repaso pola súa discografía comezando dende os discos máis recentes os máis antigos:
- Os seus discos en solitario
- O seu discos con Nordestinas
- Os seus discos con aCadaCanto
- O seu disco con Espido
- Os seus discos con Berrogüetto
1. Os seus discos en solitario
1#. O mundo está parado (2016-FOL música)
O 4 de novembro verá a luz o terceiro traballo de Guadi Galego, O mundo está parado.
É un disco universal e diverso que reflexiona sobre a imposibilidade da coherencia e sobre a necesidade de activarnos humanamente.
“O mundo está parado” ten 10 temas: 6 escritos por Guadi Galego , tres por Carlos Abal e un por Pachi Garcia, que é tamén o productor musical.
É un traballo moi coidado, esto tamén se pode ver no formato do disco: vinilo-CD con fotografías. “A idea é poñer en valor as cousas feitas con moito esforzo e moito sacrificio”.
Os temas do disco O mundo está parado:
1. Cedeira
2. O Privilexio É Soñar
3. Mente En Branco
4. O Mundo Está Parado
5. El Entorno
6. Vas Cara Arriba
7. Dende Que Marchaches
8. Vida
9. Tribu
10. Canción Para Ver
O video da canción Cedeira
Merca o disco O Mundo Está Parado
Estará dispoñible a partir do 4 de Novembro.
2#. Lúas de Outubro e Agosto (2014-FOL música)
Este é un disco homenaxe as súas lúas, os seus pequenos Tiago e Carme.
No disco están presentes temas como a maternidade ou a reivindicación da muller na sociedade.
Musicalmente supón un cambio hacia o pop, dentro dunha evolución natural.
“Lúas de outubro e agosto” gravouse en xuño do 2014 nos estudios Alis Records de Baeza coa producción musical ó cargo de Pachi Alis.
Saiu ó mercado en formato cd, vinilo y álbum dixital.
Os temas do disco Lúas de Outubro e Agosto
1. Mergullei
2. Curso de un Río
3. Pernoctei
4. Chea de Vida
5. Aromas de Terra
6. Sentir
7. Ramo
8. Norte do Norte
9. Matriarcas
10. O Muro
Video da canción Matriarcas
Merca o disco Lúas De Outubro E Agosto
3#. Benzón (2009-Músicas de Salitre)
Benzón é unha antiga locución popular que denota agradecemento (“Bendición”).
Agradecemento ós máis de vinte músicos que a arroupan neste traballo.
E un disco totalmente acústico e para escoitar máis dunha vez.
Hai cancións con pandeiro, sartén e shakers, composicións para piano ou letras tradicionais arranxadas para clarinete. Por iso as cancións teñen sabor a vello pero tamén un aire moi novo.
É unha visión contemporanea do noso fermoso patrimonio cultural.
É un disco para disfrutar con calma e non se tocará en directo. Tantos estilos, tantos participantes, non sería posible.
Os Temas do disco Benzón
- Acordes
- Madama
- Muiñeira de Concha de Luneda
- Dama
- Muineira de Luz de Baldaio
- Norte do Alén (I)
- Norte do Alén (II)
- Canto
- Xota do 9 de Abril
- París-La Habana (I)
- París-La Habana (II)
- Imende
- Ruada
Ainda que me empeñei en buscar algún video de este disco, non atopei ningún.
É ben certo que non o tocaron en directo!
ACTUALIZACION
Pois sí que houbo concerto de Benzón en concreto houbo dous.
Temos video da interpretación da canción Acordes en Vilagarcía de Arousa
Merca o disco Benzón
2. O seu disco con Nordestinas
1#.Nordestin@s
No Teatro Principal de Compostela gravouse en setembro do 2006, o único disco das Nordestin@s.
Os compoñentes do grupo son Guadi Galego (voz), Ugía Pedreira (voz) e Abe Rábade (piano).
Neste traballo reinterpretanse as cancións populares vencelladas ó mar, os temas mariñeiros que se foron transmitindo durante xeracións nos pobos que miran ó mar Cantábrico.
Os temas do disco Nordestinas
- Lenda do Mar
- Canción do Leiteiro/Nana de Ordes
- Montemar
- Ari Ari
- Mal de Amores
- Romaxe a Santo Andrés
- Habaneira de Ribadeo
- Falar de Amores
- Non sei
- Cantar do Val de Vieiro
- Camariñas
- Aguinaldo Pandereteiriño
Neste video os protagonistas falan deste proxecto
Mercar o disco Nordestin@s
3. Os seus discos co AcadaCanto
1#. A Rosa D’Adina (2013-Músicas do Salitre)
aCadaCanto (Guadi Galego, Guillerme Fernández, Xabier Díaz e Xosé Lois Romero) sacan o seu segundo disco.
Neste traballo musicalizan unha seleccion de seis poemas de Rosalia de Castro coincidindo con 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos.
Os temas do disco A Rosa D’Adina
- Dende a Limia
- Levoume o río
- Tecín
- Este meu camiño
- Onde pousei a infancia
- Aló
Video grabado nos xardíns da Catedral de Tui-Dende a Limia
Merca o disco A rosa d’Adina
2#. aCadaCanto (2012-Músicas do Salitre)
Neste proxecto coinciden, por primeira vez, os catro xuntos. Guadi Galego, Xabier Díaz, Gillerme Fernández e Xosé Lois Romero forman aCadaCanto
O disco ten trece cancións, moitas orixinais pero tamén algunha tradicional e algunha procedente da lírica culta.
A pesares de que as letras e as músicas son de distintas procedencias o disco consegue ter unha unidade estética.
Temas do disco ACadaCanto
- Teu nome por mar e terra
- Lúa
- Astronauta Lírico
- A lírica do silencio
- Mar Maior dos namorados
- Vexo
- Desafío
- Dous meses I
- Dous meses II
- A misteriosa
- Coplas de Estrelas
- Aurora Nordestina
- A forma do Amor. a fin
aCadaCanto “Coplas de Estrelas”
Merca o disco aCadaCanto
4. O seu disco con Espido
1#. Espido (2005-Músicas de Salitre)
Espido foi o dúo musical formado por Guadi Galego e Guillerme Fernández, membros por aquel entón do grupo Berrogüetto.
Xuntos gravaron un disco homónimo onde Guadi Galego pon a voz e Guillerme Fernández toca a guitarra.
Un traballo directo, cheo de sentimento, no que as cancións transmiten por sí mesmas, sen adornos.
Os temas do disco Espido
- Quixera
- Santa muller
- Eu a vin
- Se tí queres
- Nana
- Máis nada
- Cántame
- Monte mar
- Por mín
- Soñarei
- Amar a mares
- Merlo Branco
Video no que interpretan Santa Muller
Merca o disco Espido
3. Os seus discos con Berrogüetto
1#.10.0 (2006-Boa Music)
Con este disco os Berrogüetto celebraban o seu décimo aniversario.
10.0 non contén composicións tradicionais e tódolos temas son composicións dos propios compoñentes do grupo.
Como dí Anxo Pintos, “este disco pretende ser cálido, optimista e luminoso”
Polo demáis, con 10.0 tamén estrean empresa propia que edita este traballo e promove as actuacións do grupo.
Acompañan ó disco fotografías de Karlos Abal e un texto de Rodrigo Romaní.
Temas do disco 10.0
- Xente ( Guadi Galego e Guillerme Fernández )
- Cracovia ( Santiago Cribeiro )
- Brest ( Quim Farinha )
- Unha volta e un poema ( Guadi Galego e Guillerme Fernández )
- Permafrost ( Anxo Pintos )
- Lévame de aquí ( Guadi Galego e Guillerme Fernández )
- Vamosindo ( Santiago Cribeiro )
- Sálgame ( Guadi Galego e Guillerme Fernández )
- Deneb (Quico Comesaña )
- Nosocomial ( Anxo Pintos )
- Entropialxia ( Quico Comesaña )
Interpretando o tema Xente
Merca o disco 10.0 
2#. Hepta (2001)
O eixo deste disco é o hepta, o número sete en grego.
As sete notas musicais, as sete cores do arco da vella… os sete músicos de Berrogüetto.
O concepto de Hepta é a mistura e a combinación de artistas de diferentes disciplinas.
Chama a atención o apartado gráfico do disco no que colaborou Georges Rousse, coñecido artista contemporaneo francés.
Por encargo de Berrogüetto, o artista francés modificou o edificio histórico da antiga fábrica de Sargadelos en Cervo, Lugo.
O espazo pintouse con figuras xeométricas das sete cores creando un xogo óptico.
Os compoñentes do grupo participaron activamente do proceso facendo de artesáns, obreiros e actores.
Os temas do disco son composicións de tódolos membros do grupo.
Os temas do disco Hepta
- Nanatsu ( Anxo Pintos )
- Vinte anos ( Santiago Cribeiro )
- Heptacordo ( Quim Farinha )
- Baixando de tí ( Guadi Galego)
- Armenia ( (Guillermo Fernández e Quim Farinha)
- Samesugas ( Anxo Pintos )
- Setestrelo ( Guadi Galego e Guillermo Fernández )
- Hebdomadaria ( Anxo Pintos )
- Albores (Isaac Palacin , Quico Comesaña, Guillermos Fernández )
- Cantos de Monzo ( Xabier Díaz )
- Galiz@matias.com ( Quico Comesaña )
- Alquimista de soños ( Guadi Galego e Guillermo Fernández )
- Azul Grasso ( Anxo Pintos )
Reportaxe da grabación do disco Hepta
Merca o disco Hepta 
3#.Viaxe por Urticaria (1996)
Este é o segundo traballo de Berrogüetto e o primeiro de Guadi Galego co grupo.
Neste ano Paco Juncal abandoa o grupo pero hai dúas incorporacións, Guadi Galego e Quim Farinha.
Etienne Cabet, no seu libro Viaje por Icaria (1840), mostraba un mundo utópico no que a xornada laboral era de oito horas, a xente disfrutaba da xubilación e as casas tiñan baño…
O desenrolo transformou a utopía da cidade de Icaria en realidade.
As utopias de hoxe, aquí en Urticaria son “Liberdade, Igualdade e Fraternidade”
Viaxe por Urticaria, no tocante á música, tamé é unha viaxe utópica que algún día se fará realidade.
Chama a atención, a parte da música, a imaxe gráfica obra de Xoan Piñon
Os temas do disco Viaxe a Urticaria
- Aquí Canto
- Tránsito ( Quico Farinha )
- Indosesta ( Anxo Pintos )
- “K” ( Anxo Pintos )
- Lusco ( Quico Comesaña )
- Fusco ( Quico Comesaña )
- Alalá das humidades ( Anxo Pintos )
- Neocórtex ( Anxo Pintos )
- Bailador ( Tradicional )
- A forza das mareas ( Quico Comesaña e Guadi Galego )
- Ausencia ( Guillermo Fernández )
A canción Fusco
Merca o disco Viaxe por Urticaria 
CONCLUSIÓN
Despois de facer este traballo de recopilación, o que sentimos é asombro.
Guadi Galego é unha cantante ben coñecida, pero ata que non miras o seu traballo máis polo miudo, non eres consciente de toda a súa traxectoria e de tódolos traballos que leva feito.
A nosa sensación é que isto pasa con moitos artistas e grupos galegos.
Así que seguiremos nesta liña, facendo pequenos resumes das súas discografías.
OPINA TÍ ?
Gústache a música de Guadi Galego?
Cal dos seus discos che gusta máis?
Apetéceche escoitar o seu novo traballo O mundo está parado?
Tes algún artista ou grupo sobre o que che gustaría que falásemos?
Esperámoste nos comentarios. Anímate…?!

[…] quere facer unha chiscadela para fidelizar os seus seguidores. A fotografía está tirada da web Son de Pau publicada por Eloi e Pilar, unha páxina que che recomendo se queres descubrir o mundo da […]