Cando é o mellor momento para empezar a tocar un instrumento musical?
A resposta é clara, -Agora mesmo!.
Da igual a túa idade, a condición física ou a condición intelectual.
Para disfrutar dos beneficios da música non precisas ser un músico profesional nin tocar en grandes escenarios.
A música acompaña ó home dende que este existe e pode que fose unha forma de expresión previa incluso á linguaxe oral.
Algúnha vez pensaches en como a música podería cambiar a túa vida? A música ten o poder de transformar non só o noso estado de ánimo, senón tamén a nosa mente e corpo. Agora é o momento perfecto para descubrir todo o que tocar un instrumento pode facer por tí…”
Sigue lendo seguro que che interesa…!
CALES SON OS BENEFICIOS DE EMPEZAR A TOCAR UN INSTRUMENTO?
1#. Tocar un instrumento MELLORA a túa INTELIXENCIA
Tocar un instrumento musical transforma o teu cerebro e pode modificalo máis profundamente que calquera outra actividade física, creativa ou intelectual..
Non só escoitas a música, senón que a procesas, a interpretas e a recreas.
Cando aprendes a tocar, o teu cerebro activa varias áreas á vez:
- O córtex auditivo, que escoita e descodifica o son.
- O córtex motor, que controla os movementos das túas mans.
- O córtex visual, que axuda a interpretar as partituras.
Esta estimulación conxunta potencia a túa capacidade para resolver problemas e mellora a túa memoria a longo prazo.
A música tamén ten un impacto directo na intelixencia verbal e espacial. Por exemplo, cando aprendes a ler partituras, estás mellorando a túa habilidade para recoñecer e crear patróns, algo fundamental en disciplinas como as matemáticas ou a programación.
De feito, varios estudos demostraron que os nenos que estudan música teñen mellores resultados en probas de linguaxe e habilidades espaciais. Así que, se queres dar un impulso á túa intelixencia, a música é un excelente camiño para conseguilo.
Nestes video podes ver os efectos da música no cerebro
.
2#. MELLORA a túa COORDINACIÓN
A música sempre estivo ligada o movemento e ó baile.
A costume de escoitar música de forma pasiva é recente e surxida no mundo occidental.
A música é ritmo e o ritmo é movemento.
Tocar un instrumento non só esixe que o teu cerebro traballe a todo gas, senón que tamén mellora a túa coordinación física.
Os músicos desenvolven unha gran destreza ao ter que coordinar os movementos das súas mans, brazos e, en moitos casos, incluso dos pés.
Ademais, esta mellora na coordinación non só se limita ao momento en que estás tocando. Co tempo, verás como estas habilidades se trasladan a outras áreas da túa vida, axudándote a mellorar en actividades que requiren precisión e movemento, como a escritura, o deporte ou mesmo conducir. Manterás o teu corpo áxil e activo, unha habilidade que se mantén incluso a medida que envelleces.
3#. MELLORA a túa CONFIANZA
Aprender a tocar un instrumento non é unha tarefa sinxela.
Require disciplina, práctica constante e moita paciencia. Pero a medida que progresas, vas descubrindo que es capaz de superar calquera desafío que se che presente.
Esta realización non só mellora a túa habilidade musical, senón que tamén ten un impacto profundo na túa confianza.
Ver o teu progreso, desde as primeiras notas ata a interpretación dunha peza completa, é unha das mellores formas de fortalecer a autoestima.
Ademais, tocar un instrumento ten un compoñente social importante.
A medida que gañas confianza, é posible que te sintas máis cómodo tocando fronte a outras persoas, xa sexa nun pequeno grupo de amigos ou nun escenario.
Isto non só mellora a túa vida social, senón que tamén che axuda a vencer a timidez e a fortalecer a túa capacidade para traballar en equipo.
A música ensínache que, con paciencia e constancia, non hai obxectivo que non poidas alcanzar.
4#. REDUCE O ESTRÉS E A DEPRESIÓN
A vida cotiá está chea de tensións, responsabilidades e problemas que parecen non ter fin.
Para…!!! E adica un ratiño para tí! A música pode ser a túa vía de escape.
Cando tocas un instrumento, todo o teu ser se centra nesa actividade, esquecendo por un momento as preocupacións do día a día.
A concentración que requiren a lectura de partituras, a coordinación dos movementos e a interpretación das notas crea unha desconexión cos problemas externos, permitindo que te relaxes e recargues as túas enerxías.
Ademais, tocar un instrumento é unha excelente forma de expresar emocións que, doutra maneira, poderían quedar reprimidas. Esta liberación emocional, combinada coa produción de endorfinas, axuda a reducir a ansiedade e os síntomas da depresión.
A música tamén actúa como un relaxante natural, diminuíndo a presión arterial e mellorando o benestar xeral.
Non en van, din que a música é unha das mellores terapias que existen.
5#. É DIVERTIDO e aprendes sobre a túa cultura e tradición.
Tocar un instrumento non só é beneficioso para o teu corpo e mente, senón que tamén é extremadamente divertido.
Aprender unha nova peza, mellorar unha técnica ou simplemente tocar coas túas amizades son actividades que che proporcionan unha gran satisfacción.
Ademais, se o instrumento que escolles está relacionado coa cultura e tradicións da túa terra, estás contribuíndo a preservar esa herdanza cultural.
Por exemplo, se decides aprender a tocar a gaita ou a pandeireta, estarás conectando coas raíces da música tradicional galega, participando activamente na súa preservación e difusión.
Isto non só te enriquecerá culturalmente, senón que tamén che permitirá coñecer mellor a túa historia e tradicións, facendo que te sintas máis vinculado coa túa terra.
E que mellor forma de aprender e divertirse ao mesmo tempo que contribuír a manter viva a cultura e as tradicións locais?
BENEFICIOS para toda a vida
Todos estos efectos positivos son de longo prazo e disfrutarás dos seus beneficios toda a vida. Merece a pena empezar canto antes.
Asi que xa estás tardando…!
Se te animas a empezar coa pandeireta podes ver o artigo Aprender a tocar a pandeireta con internet, onde presentamos alguns recursos de internet que te poden axudar na túa aprendizaxe.
E Tí, que nos contas …?
Anímaste a empezar a tocar un instrumento?
Si xa tocas algún, cóntanos a túa experiencia?
Que beneficios cres tí que che aporta?
Deixanos a túa resposta na caixa de comentarios.
Se cres que este artigo pode axudar a alguén que coñezas, non dubides en compartilo nas túas redes sociais…!!!


Moitas grazas por esta nova achega.
Coma todas, moi interesante.
Xa tes escusa,
-Non é que me guste a festa e que teño que manter o cerebro e o corpo en forma…!