Anxo Lorenzo é un gaiteiro galego de Moaña.
Comeza o seu camiño musical ós cinco anos e estudia no Conservatorio superior de Música de Vigo.
Dende os doce años xa comeza a colaborar con grupos de música tradicional galega cos que fai traballos de recollida e investigación , grabacións, concertos e xiras por España.
Ten recorrido os festivais máis importantes do mundo celta nos que ten recibido importantes premios.
Ademáis dos seus traballos na música tradicional tamén ten colaborado con numerosos artistas conseguindo que a gaita galega se fusione de xeito natural co pop, rock e coa música electrónica.
OS DISCOS DE ANXO LORENZO
1#.SPIRITU 986
Anxo Lorenzo xunto con Pedro González e Carlos Mariño forman o grupo Spiritu 986.
No 2001 sacan o seu único disco Spiritu 986 no que se fusiona o son máis ancestral da gaita galega coa máis moderna electrónica.
2#.TIRÁN
Este traballo é do 2010 e leva o nome do pobo onde naceu.
Nel Anxo Lorenzo coloca a gaita tradicional galega nun lugar de vangarda.
Sen perder as súas raices, a gaita intégrase en diferentes estilos, dende pop, rock, música hindú…
Quero mercar o disco Tirán…!
3#.CONFUXON
Este disco de Anxo Lorenzo xunto cos músicos Eoghan Neff y Xosé Liz sae ó mercado no 2014.
É un traballo de experimentación musical onde as posibilidades da gaita se expanden para crear, xunto co violín, un son novo e único no panorama folk.
O disco está acompañado dun traballo audiovisual dirixido por Juan Salgueiro e grabado por Jacobo Gayo. Este traballo ten tres partes:
- A primeira rodada na praia de O Con en Tirán é un reflexo do mundo real.
- Na segunda aparecen os tres músicos e representa ó mundo dos soños.
- E na última os músicos introdúcense no xogo Minecraft. O video conta coa colaboración de 300 xogadores que se prestaron a colaborar.
4#. VORTEX
No 2018 Anxo Lorenzo presenta o seu cuarto disco Vortex.
Este albúm foi gravado entre Galicia, Irlanda y Escocia seguindo a liña de experimentación acústica dos seus últimos traballos.
Nel colaboran recoñecidos músicos do panorama folk internacional como Eoghan Neff, Jarlath Henderson, Ross Ainslie, Germán Díaz, Cyril O’Donoghue, Blackie O’Connell, Ali Levack, Andy May, Pablo Lafuente…
QUE CHE PARECE ANXO LORENZO?
Gústache?
Que che parecen os seus discos?
Víchelo algunha vez tocando en directo?
Esperámoste nos comentarios.
Grazas por esta nova achega tan interesante coma todas.
Dentro dalgún tempo teredes un novo cliente xa que acaban de decirme que para abril serei avo.
Parabéns!!!
Un-ha pequeniño-a sempre fai moita ilusión!
Dalle un beixiño a María que seguro que está contentísima e outro para tí… claro!