No ano 2016 o grupo Luar na Lubre celebraron os seus trinta anos de carreira musical.
E xa que estamos, imos facer un resumo da traxectoria do grupo o longo destes anos.
Acompáñasnos!
O grupo Luar na Lubre foi fundado en 1986 na Coruña por Bieito Romero.
As súas raices están na música tradicional galega pero moi influenciados pola tradición Celta de Irlanda, Escocia e Bretaña.
É sin dúbida un referente da música folk celta.
En 1996 Mike Oldfield inclúe no seu disco Voyager unha versión da canción “O son do ar”. E en 1999 invita ó grupo a acompañalo na súa xira Then & Now por varias ciudades españolas.
Esto dalle a Luar na Lubre unha grande proxección internacional.
Sempre teimaron en cantar en galego conseguindo dous discos de ouro vendendo máis de 300000 copias dos seus discos Plenilunio e Cabo do Mundo.
Dende aquela paso a paso e disco a disco forónse labrando unha sólida traxectoria. Sendo hoxe un grupo de referencia.
OS COMPOÑENTES DE LUAR NA LUBRE
Actualmente os compoñentes do grupo son:
- Antía Ameixeiras (Violín)
- Xan Cerqueiros (Frautas)
- Bieito Romero (Gaitas, Acordeón e zanfoña)
- Patxi Bermúdez (Bodhran, tambor e djembé)
- Pedro Valero (Guitarras)
- Xavier Ferreiro (Percusións latinas e efectos)
DISCOGRAFÍA DE LUAR NA LUBRE
Faremos un repaso da discografía do grupo comezando polo seu último traballo.
Empezamos a conta atrás.
18.# Ribeira Sacra (2018)
Con este traballo Luar na Lubre poñen en valor, a través da música, a riqueza histórica, etnográfica, natural e monumental da Ribeira Sacra.
Colaboraron neste disco Victor Manuel, Ses, Coral de Ruada, Nani García, María Valle Roso entre outros.
Os temas do disco Ribeira Sacra
- Os Tafenos da Gaurra
- Amencer
- Cantar de Romasanta
- Ambiente Entroido
- Danza dos Felos
- Afiador
- Canción da Noite do Afiador
- Marcha de Santa María
- Son do Carro do País
- Se queres
- Sons no Río Niñodaguia
- Xota e Muiñeira de Ourense
- Roda Antiga de Cacharreiro
- Xota de Niñodaguia
- Muiñeira con Compás
- San Pedro de Rocas
- Toca Brais
- Son de Lume nunha Chouceira
- Alento
- Que Viva Esgos
- Canóns do Sil
- Vacas con Esquilóns
- Canto de Reises en Espadanedo
- Manolo Mío
- Canto de Afiador por Serafín Pernas
- Copla Afiadores Emilio Dopando
Os Tafenos da Gaurra
17.# XXX Aniversario (Warner Music-2016)
No 2016, Luar na Lubre celebraron os seus 30 anos de carreira musical.
Para esta ocasión sacaron un disco recompilatorio no que se recollen 30 temas.
Estes 30 temas non son os máis populares ou coñecidos do grupo, pola contra queren recuperar temas máis agochados e sacalos novamente á luz.
Fan un revisión e unha reiterpretación destes temas contando con grandes colaboradores como, A Coral de Ruada, Nani García, Ismael Serrano, Victor Iglesias, Fernando Fraga, Christian Delgado ou Irene Cerqueiro.
A principios do ano 2017 abandoa o grupo Paula Rey e incorpórase unha nova cantante Belem Tajes.
Os temas do disco XXX Aniversario
- O Son do Ar
- Fonte do Araño
- Morrison’s Jig
- Dun Tempo para Sempre
- O Soldado Desgraciado
- Uah Lua
- Romance de Novembro
- Ao-Tea-Roa
- Camiño de Ibias
- Mia Irmana Fremosa
- Gerdundula
- De Ruada / A Herba de Namorar
- Mandad’ei Conmigo
- Pola Ponte de San Xoan
- Olla meu irmau
- Schiarazulla marazulla / A Carolina
- Mull of Kyntire
- Os Animais
- Pandeirada do Che
- Obertura
- Na Frouseira-Maravillosos et piadosos
- Centeás
- Mar de Peixe
- O Trebon
- Danza de Burgas
- Heicho De Dar
- A Invocación de Amergin
- Hai un Paraíso
- Hai Quen Di
- Muiñeira De Niñodaguía
Centeás
Merca o disco XXX Aniversario de Luar Na Lubre
16.# Extra Mundi (2015)
En Extra Mundi , Luar na Lubre, sen perder a súa esencia, san ó mundo na procura de novos sons. Buscan máis alá do ámbito galego e Celta e achéganse a tradicións irmáns ainda que distintas.
Neste disco oiremos varios idiomas. Galego, euskera, catalán…
É un recoñecemento e respeto a diversidade e unha invitación á irmandade dos pobos.
Neste traballo inclúense catorce temas que son adaptacións de temas populares da Península Ibérica.
Os temas de Extra Mundi:
- A Batalla
- Txori Txori
- Xota de Xosé-Brétemas e raiolas-Carballesa do Ibio
- La molinera
- The sailors hornpipe-Pasacorredoiras
- Foliada da Coruña-Ruada de Rebordelo
- Ardora
- Fisterra
- Ramón da Chiculateira
- El Rossinyol
- Cantiga de Falván
- Onde vas por auga-Nel campu ñacen flores
- La Muixeranga
La Molinera
Merca o disco Extramundi
15.# Torre de Breoghan (2014)
En Torre De Breoghán, o grupo rescata unha historia épica da cultura celta, inspirada no libro Leabhar Ghabhála Eirean (Libro das invasións) recollido na tradición oral irlandesa.
Nel relátanse, de xeito cronolóxico, as distintas invasións que sufriu Irlanda.
A última delas foi a dos Milesios que dende Brigantia (A Coruña) partiron na procura da illa Esmeralda. Torre de Breoghán recrea esta viaxe mítica.
Neste proxecto Luar na Lubre están acompañados pola Orquetra Sinfónica de Galicia. Eles mesmos describiron este traballo como unha “Sinfonía Céltico Galaica”. Os arranxos orquestais foron feitos por Nani Garcia.
É todo un espectáculo de música e efectos visuais que se recolle nun doble CD e DVD.
O DVD inclúe un concerto gravado, en directo, no Palacio da Ópera da Coruña.
Os temas de Torre de Breoghán:
•No primeiro CD hai catorce temas:
- O son das augas
- Ara Solis
- O son das pedras
- O son do ar
- Mandad’ei conmigo
- Quantas sabedes
- Santa María Loei
- Tu Gitana
- Memoria da noite
- Chove en Santiago
- Camariñas
- Ao pasar pola Coruña
- Ven bailar Carmiña
- A Carolina
•No segundo CD cóntase a odisea los Milesians
1. Obertura
2. Milesians
3. Mar de Peixe
4. Interludio I
5. Ith
6. Interludio II
7. Leabhar Ghabhala
8. Interludio III
9. A morte de Ith (Cantiga Alfonso X)
10. Interludio IV
11. A invitación de Amergin
Este é o video promocional deste gran espectáculo.
Merca o disco Torre de Breoghán
14.# Sons da Lubre nas Noites de Luar (2012)
Sons da lubre nas noites de Luar recolle o mellor dos seus vinteseis anos de carreira musical en tres CD’s + DVD.
A colección inclue 45 cancións, 7 videoclips e un concerto gravado en directo en Santiago de Compostela.
Os temas de Sons da Lubre nas Noites de Luar:
•O CD1, Trasnos, contén temas instrumentais.
Os temas do CD1:
- O Son do Ar (Plenilunio)
- Galego Guajiro (Saudade)
- O Son das Augas (Camiños da Fin da Terra)
- Gallaecia (Plenilunio)
- Canteixeire (Cabo do mundo)
- Ara Solis (Espiral)
- Trasmontana (Solsticio)
- Britonia (Camiños da fin da terra)
- Leabhar Ghabhála (Mar Maior)
- Vía Láctea (Solsticio)
- Espiral (Espiral)
- Grial (XV Aniversario)
- O Son das pedras (Solsticio)
- Crunia Maris (Cabo do Mundo)
- Danzando nos confíns (Camiños da fin da terra)
•No CD2, Fadas, están as cancións máis representativas do grupo cantadas por voces femininas.
Os temas do CD2:
- Camiño de Caión (Mar Maior)
- Canto de andar (Camiños da fin da terra)
- Desterro (Saudade)
- Camariñas (XV Aniversario)
- Ven bailar Carmiña (Solsticio)
- Ecos do Alén (Camiños da fin da terra)
- Axéitame a polainiña (Ao Vivo)
- A flor da I’auga (XV Aniversario)
- Ancares (Espiral)
- Romande de Don Gaiferos (Solsticio)
- A Barca de pedra (Camiños da fin da terra)
- Romance de Bernaldino e Sabeliña (Plenilunio)
- Cantiga de Berce (Cabo do Mundo)
- Os teus ollos (Plenilunio)
- Dona Alda (Mar Maior)
•O CD3, Encantos, ofrece duos que o grupo ten feito con cantantes como Lila Downs, Luz Casal, Ismael Serrano, Adriana Valera, Pat Kilbride, Pedro Guerra e Diana Navarro
Os temas do CD3:
- Romeiro ao lonxe (Ao Vivo)- (Sara Vidal e Diana Navarro)
- Chove en Santiago (XV Aniversario)-(Rosa Cedrón e Ismael Serrano)
- Tu Gitana (Saudade)-(Sara Vidal e Pablo Milanés)
- O meu País (Hai un Paraiso)-(Sara Vidal e Rosa Cedrón)
- O teu nome Amarante (Saudade)-(Sara Vidal e Cida Airam)
- Camariñas (Ao vivo)-(Sara Vidal e Luz Casal)
- Cantiga do neno da tenda (Saudade)-(Sara Vidal e Adriana Varela)
- El derecho de vivir en paz (Ao Vivo)-(Sara Vidal e Ismael Serrano)
- Memoria da Noite (Ao Vivo)-(Sara Vidal e Pedro Guerra)
- Domingo Ferreiro (Saudade)-(Sara Vidal e Lila Downs)
- Hai un paraiso (Hai un paraiso)-(Con Carlos Jean)
- Unha volta polo medio (Solsticio)-(Con Tat Kilbride)
- Devanceiros (Espiral)-(Coa Orquestra Sinfónica de Bratislava)
- Quantas sabedes (Solsticio)-(Miro Casabella)
- A miña amiga (Solsticio)-(Con Diana Navarro)
Romeiro ao lonxe (Sara Vidal e Diana Navarro)
Merca o disco Sons da lubre nas noites de Luar
13.# Mar Maior (2012)
Luar na Lubre viaxa a Idade Media misturando fermosos retazos de dúas grandes líricas, a Galaico-Portuguesa e a Gaélica medieval.
Neste disco, Mar Maior, incorpórase Paula Rey como nova vocalista do grupo, sustituindo a Sara Vidal.
Os temas do Mar Maior:
- A Invocación de Amergín
- Romance de Novembro
- Ith
- Camiño de Caión
- Gran Sol
- Dona Alda
- Santa María Loei
- Leabhar Ghabhála
- Mandad’ei Comigo
- Ao pasar pola Coruña
- Milesians
- Canto de Arada
- Les Set Gotxs
- Camiña Don Sancho
Neste video vemos como se fixeron as ilustracións de Mar Maior por Estefanía Domínguez Cagigao e oimos de fondo A invocación de Amergín
Merca o disco Sons da lubre nas noites de Luar
12.# Solsticio (2010)
Mezcla de músicas tradicionais e de raíz popular galega coas nosas músicas medievais.
Solsticio inclúe quince temas entre o paganismo da música tradicional e a relixiosidade das músicas medievais. Convivindo as Cantigas a Santa María de Alfonso X O Sabio coa Carolina invitando a bailar o señor cura.
A voz de Sara Vidal altérnase con colaboracións de Miro Casabella, Diana Navarro, Pat Kilbride e Xulia Cea.
Os temas do Solsticio:
- O son das pedras
- Camiño do Norte
- Mia irmana fremosa
- Unha volta polo mundo
- Doentes
- A Carolina
- Quantas sabedes
- Monte Pindo
- A miña amiga
- Na Frouseira
- Maravillosos et piadosos
- Ven bailar Carmiña
- Vía Láctea
- Sabor a Santa María
- Trasmontana
- Romance de Don Gaiferos
Unha versión moi persoal de Ven bailar Carmiña
Mercar o disco Solsticio
11.# Ao Vivo (2009)
O primeiro CD+DVD gravado en directo por Luar na Lubre, no teatro Colón da Coruña, que inclue tamén un documental sobre o grupo.
Ao Vivo é unha antoloxía de dezaoito cancións clásicas de Luar na Lubre , moi ben escollidas e gravadas por vez primeira en directo.
Neste disco colaboran Diana Navarro, Ismael Serrano, Pedro Guerra e Luz Casal.
Os temas de Ao vivo:
- Costa da Morte 2.1.Nau
- Chove en Santiago 2.2.Gallecia
- María Soliña 2.3. Pousa
- Britonia 2.4.Memoria da Noite (+Pedro Guerra)
- Axeitame a Polainiña 2.5.Os animais
- Tu Gitana 2.6.Camariñas (+Luz Casal)
- Danzando nos confíns 2.7.Hai un Paraiso
- Romeiro ao Lonxe 2.8.Devanceiros
- O Son do Ar 2.9.El derecho de vivir en paz (+Ismael Serrano)
Tu Gitana
Merca o disco Ao vivo
10.# Camiños da Fin da Terra (2007)
En Camiños da fin da Terra os protagonistas son o mar, a terra e a beleza das paisaxes que falan de mundos máxicos.
Son catorce cancións inspiradas nas lendas, paisaxes e persoaxes da tradición galega e a súa ascendencia Celta.
Os temas de Camiños da Fin da Terra:
- Os animais
- Britonia
- María Soliña
- Gerdundula
- Canto de andar
- Pousa
- Meighallo
- Centeás
- O Son das Augas
- Danzando nos confíns
- Ecos do alén
- A fonte das boliqueiras
- A barca de pedra
- A viaxe de Ero
No seguinte video vemolos interpretando a canción Os Animais
Mercar o disco Camiños da fin da terra
9.# Saudade (2005)
Saudade é un disco adicado os emigrantes galegos.
Rodeados de colaboradores de luxo como o cubano Pablo Milanés, a mexicana Lila Downs, a brasileña Cida Airam, a arxentina Adriana Varela e o venezolano Faruco Sesto, interpretan poemas de García Lorca en galego adicados a Bos Aires, poemas de autores galegos á emigración ou ‘pandeiradas’ sobre o Che Guevara dende Venezuela.
É o primeiro album do grupo que conta con Sara Vidal sustiuindo a Rosa Cedrón.
Os temas de Saudade:
- Desterro
- Olla meu irmao
- Cantiga do neno da tenda
- Danza dos esqueletes
- Domingo Ferreiro
- Miña nai
- Pandeirada do Che
- Lonxe da Terriña
- Nova Galicia
- Teu nome, Amarante
- Galego Guajiro
- Saudade
- Tu Gitana
A Pandeirada do Che
Meca o disco Saudade
8.# Hai un Paraiso (2004)
Gravado trala traxedia do Prestige, Hai un paraiso, pon de manifesto un compromiso vital do grupo coa súa terra.
Este disco coincide no tempo coa aparición dunha largometraxe sobre o grupo titulada “Un Bosque de Música” que dirixiu o cineasta Ignacio Vilar no Mosteiro de O Barco de Valdeorras e que combina as paisaxes de Galicia, coa música e con anécdotas dos integrantes do grupo.
Os temas de Hai un Paraiso:
- Hai un paraiso
- O meu país
- Uah lúa
- Memoria da Noite
- No mundo
- Ribadavia
- Corme
- Achégate
- Cantigas de Alfonso X
- Versos de luz
- Pando
Aquí podes escoitar a canción “Hai un Paraiso”
Merca o disco Hai un paraiso
7.# Espiral (2002)
Disco gravado en Dublín co productor Dónal Lunny.
Espiral sigue na línea do celtismo e do gusto polos elementos ancestrais.
Os temas de Espiral:
- Hai quen di
- El derecho de vivir en paz
- Ara Solis
- Ancares
- Espiral
- Cantiga de Santa María
- Camiño de Ibias
- Costa da Morte
- Devanceiros
Aquí podedes ver a canción que da nome o grupo, Espiral
Merca o disco Espiral
6.# XV Aniversario (2001)
Luar na Lubre celebra con este traballo os seus quince anos de carreira.
O álbum ten catorce temas. Tres son novas composicións e o resto grandes éxitos do grupo.
XV Aniversario contan con tres colaboracions de luxo, Pablo Milanés, Ismael Serrano e Hevia
Os temas do XV Aniversario:
- Camariñas
- Grial
- Tu gitana
- Nau
- Terra
- Chove en Santiago
- Galaecia
- O Son do Ar
- A Frol D’Auga
- Pola Ponte de San Xoan
- O Trebón
- Heicho de dar
- Muiñeira do Miño
- O berce de sol
Unha das cancións do disco Camariñas
5.# Cabo Do Mundo (1999)
A portada do disco é a Torre de Hércules pintada polo pintor coruñés Urbano Lugrís.
Cabo do Mundo é unha homenaxe de Luar na lubre o mar e o pintor.
Con este traballo consiguen o seu segundo disco de ouro.
Os temas do Cabo do Mundo:
- Crunia Maris
- Chove en Santiago
- Raqueiros
- Devanceiros
- Nau
- Romeiro ao Lonxe
- Canteixieire
- Cantiga de berce
- O Trebón
- Sereas
- Heicho de dar
- De Ruada
Quedamos con Chove en Santiago
Merca o disco Cabo Do Mundo
4.# Plenilunio (1997)
O ritmo da lúa, o ritmo da vida.
Con Plenilunio chegou o gran éxito do grupo.
A atención de Mike Oldfield e o feito de firmar coa Warner multiplicaron a súa popularidade.
A repercusión deste disco permitiulles obter o seu primeiro disco de ouro.
Os temas de Plenilunio:
- O Son do Ar
- Tu gitana
- Ao-Tea-Roa
- Os teus ollos
- Ronsel
- Pola Ponte de San Xoan
- Pandeirada das Fiadeiras de Ramelle
- Sol de Outono
- Cantiga de Falvan
- Romance de Bernaldino e Sabeliña
- Galaecia
Neste video podemos ver o anuncio publicitario que se fixo do disco
Merca o disco Plenilunio
3.# Ara Solis (1993)
Basado no vello culto ó sol dos nosos antepasados.
Os temas do Ara Solis:
- Muiñeira de Malpica
- Dun tempo para sempre
- O soldado desgraciado
- Ribeirana
- Domingo Ferreiro
- Marcha procesional de Mato
- Muiñeira de Poio
- A cidade Asulagada
- Muiñeira de Vadeferreiros
- Nodaiga
- Muiñeira de Piornedo
- Alborada
Podemos escoitar aquí a Muiñeira de Poio
2.# Beira Atlántica (1990)
En Beira Atlántica hai varios temas tradicionais adaptados e outros con aires irlandeses. Afonda na irmandade dos pobos de orixe celta.
Hai un tema escrito por Celso Emilio Ferreiro, “Canción de Berce” con música de Bieito Romero.
Os temas de Beira Atlántica:
- Beira Atlántica
- Jig-Muiñeira do Miño-Carballesa
- Muiñeira de Cabana
- Danza das Burgas
- Danza de Santa María de Torás
- Troquemos Muiñeira de Mazaricos
- Danza de Palillos de Anceu-Foliada
- Highlanders
- Canción de Berce
Precisamente podemos ver esta última canción no seguinte video
Merca o disco Beira Atlantica
1.# O Son do Ar (1988)
O Son do Ar foi o seu primeiro disco.
O grupo chamou a atención de Mike Oldfield, que en 1996 fará unha versión da canción “O Son do Ar” para o seu álbum Voyager.
Esta circunstancia catapulta a Luar na Lubre ó panorama internacional. E levarán a musica galega por todo o mundo.
Os temas de Son do Ar:
- Muiñeira de Niño da Guía-Chascarraschas
- Danza de Paus
- Gaviota
- Luar na Lubre
- O Son do Ar
- O berce do sol
- A frol da I’Auga
- Morrison’s Jig
- O Mouro
Neste video podemos ver a canción que cautivou a Mike Oldfield. O son do ar.
Merca o disco O Son Do Ar
COMENTARIOS
Que opinas de Luar na Lubre?
Que disco che gusta máis?
Coñeces algún detalle importante do grupo que merece a pena compartir?
Na caixa de comentarios podes deixarnos as túas opinións.
Que maravilla, espero poder ir velos a Muiños.
E a vos moitas grazas por compartir este material tan interesante.
Gracias a tí por estar ahí e comentar.
Nós encantados.