O próximo martes día 17 en Vilanova dos Infantes celébrase a Romería do Raigame.
Estaba previsto que a próxima entrada do blog fora para contarche sobre esta festa.
Pero as veces pasan cousas coas que un non conta….
UNHA VISITA INESPERADA…
O sábado pola noite recibimos a visita dos amigos do alleo.
Entraron no almacén e levaron un montón de ferramentas.
CONSECUENCIAS
Queríamos compartir este feito contigo porque vai afectar a nosa actividade:
#Por unha parte temos que repor, ó menos, as ferramentas indispensables para continuar traballando, co que pode haber algún retraso nos encargos que temos.
#Por outro lado temos que repornos nós.
ALGUNHAS REFLEXIÓNS
Nós pensamos que nada pasa por casualidade. E que as experiencias da vida son espellos que che mostran partes de tí que de outro xeito non verías.
Non sabemos si esto que pasou é malo ou é bó, só sabemos que pasou e que decidimos usar esta circunstancia, non para sentirnos víctimas, senon para coñecernos mellor.
O camiño que escollemos para descubrirnos é mirar o que nos mostra o espello, mirar o que pasa fora… pero inmediatamente voltar a vista cara adentro. En que puntos nos toca eso que pasa, que reaccións automáticas surxen.
Aparece a rabia
Aparece a impotencia
Aparece o medo
Aparece a dúbida
Aparece a desconfianza…
Todas elas viven con nós, xa estaban aquí antes do sábado, só pasou algo que as sacou á luz.
Parece entón que os sucesos da vida fan saltar resortes internos dos que non temos control.
Se alguén nos dí algo que nos gusta, sentímonos ben pero se alguén nos dí algo que non nos gusta, fúndimonos na miseria
Podemos deixar de ser víctimas da nosa vida?
Podemos conseguir centrarnos e que os sucesos da vida non nos zarandeen?
Ahí estamos… de momento o camiño que estamos experimentando é o de aceptar o que sentimos e observar a nosa rabia, o noso medo, a nosa desconfianza…
Recoñecernos vulnerables e saber que na vida non hai seguridades absolutas.
E dende aquí seguir camiñando e difrutando da paisaxe que toque en cada momento.
E TÍ, QUE VES NO ESPELLO?
Tiveches algunha experiencia deste tipo?
Como afrontas as circunstancias adversas da vida?
Se che apetece contarnos algo, xa sabes, fai un comentario.
!!ÁNIMO!!
Son cousas que pasan, o disgusto é inevitable. Pero hai que pasalo e seguir adiante.
Moitas Gracias!
E buscándolle o lado positivo a todo, esto serviunos para darnos conta da boa xente que nos rodea.
Non faltou quen nos ofrecera ánimos, ferramentas, axuda e o que fixera falta.
Así que moitas gracias para todos!