A música é unha enerxía que te percorre por dentro.
Esa enerxía precísa expresarse, sair fóra..!
E saiche de moitas maneiras… Bailando, cantando, tocando un instrumento musical…
Dalgún xeito o instrumento transfórmase nunha prolongación do teu corpo e permíteche manifestar, através del, o teu sentir.
Se ademáis participas no seu deseño, dándolle un toque único e moi teu, estableces con él un vínculo moi especial.
QUERES un instrumento personalizado?
Hoxe ímosche amosar 10 deseños que nos teñen encargado.
1#. A Pandeireta dos corazóns encarnados
Esta nena tiñao moi claro… branca con corazóns encarnados.
E tamén que fose pequena e moi lixeiriña para que non lle pesara moito, por iso usamos madeira de chopo.
Tamén leva o seu nome no interior.
2#. Pandeireta con folliñas de Pradairo
Nesta estaba claro que tiña que ser de cor.
O final gañou o encarnado!
A madeira escollida foi o bidueiro.
Para o detalle da folla mandáronnos unha mostra de como a querían.
Leva o nome pirograbado no interior.
3#. Pandeireta violeta
Neste caso a cor elexida foi o violeta.
E unhas pequeniñas frores dan o toque especial.
Leva o nome pirograbado.
4#.Pandeireta coas fases da lúa
Esta tiña que ser pequena, lixeira e coas fases da lúa.
A madeira neste caso é cerdeira.
Xa ves que un pequeniño detalle fai que a pandeireta sexa máis persoal.
5#. Pandeiretas co logo do grupo Tanto Nos TEn (TNT)
Pandeiretas coas cores e o logo do grupo TNT.
Unha leva o logo da pandereteira e a otra o logo do tamborileiro.
Son de madeira de cerdeira.
6#.Pandeireta natural
Esta pequena pandeireta é dunha pequena amante da música.
A ela gustoulle a madeira de bidueiro natural con aro escuro.
E como detalle, unhas frorciñas e unha nube e un sol no interior.
7#. Pandeireta escura con estreliñas
Esta tamén é unha pandeireta pequena.
Madeira de Chopo escurecida con nogalina.
A nai da nena leva o seu nome tatuado e fixemos o mesmo deseño na pandeireta.
8#. Pandeireta bicolor
Esta pandeireta é de madeira de bidueiro.
Está escurecida con nogalina na súa parte exterior e o interior e o aro son en cor natural.
A pel tamén está escurecida con nogalina.
Ten un aire antigo!
9#. Un tamboril pequeniño
Este é un tamboril pequeniño para un futuro tamborileiro.
O corpo é encarnado e os aros escurecidos.
Leva grabado o nome e a fecha de nacemento do neno.
10#.Tambor grande
Este é un tambor grande, cunha medida de 30 cm. de diámetro, 20 cm. de altura do corpo.
Está feito cunha lámina de madeira de cerdeira de 7 mm. de grosor e os aros teñen 8 mm. de grosor.
Leva catro bordóns.
Está tratado con aceite de tung. É un aceite natural que lle da un acabado especial á madeira.
QUE CHE PARECE?
Como sentes tí a música?
Bailas, cantas, tocas…?
Gostaríache ter un instrumento personalizado?
Aquí debaixo tes unha caixa onde deixar os teus comentarios.
Boas , Gustaríame saber si podes grabar nun tambor o nome da persoa que queiras.