Non fai moito escribimos unha entrada sobre os coidados da túa pandeireta.
Un dos coidados importantes é gardala na súa funda.
A funda protexe de raiazos, da humidade, do calor…
Polo tanto debe ser unha compañeira inseparable do teu instrumento.
Xa hai un tempo andámoslle dando voltas o de facer fundas.
NA PROCURA DA FUNDA PERFECTA PARA O TEU INSTRUMENTO
Estivemos investigando e facendo probas.
E hai moitas cousas a ter en conta
1#. A máquina de coser
O primeiro paso foi recuperar a máquina de coser da miña nai.
Unha máquina que viaxou nos anos 80 dende Caracas ata Reboreda.
Xa levaba uns cantos anos sen coser e houbo que levala a facer unha posta a punto.
Pero a máquina é boa e quedou coma nova.
2#. O tecido
En principio buscamos tecidos que sean impermeables, resistentes, lavables e tamén con deseños bonitos.
Estamos probando con lona, que cumple con todos estes requisitos. E a verdade é que vai moi ben.
Pero gustaríanos atopar outros tecidos, incluso a posibilidade de reciclar algún material que sexa axeitado.
Para o forro estamos escollendo tecidos de algodón que son suaves.
E para ó recheo guata gordiña para que quede ben acolchada.
Estamos en proceso de investigación así que agradecemos as vosas opinións ou ideas.
3#. O deseño
A función principal da funda é protexer ó instrumento.
Pero ademáis ten que ser cómoda de levar e adaptarse as túas necesidades.
Que levas na funda ademáis do instrumento?
Partituras, a carteira, o móvil, as chaves…
En función de todo isto debemos incorporar bolsillos adaptados.
Tamén para transportar a funda hai distintas posibilidades.
Pode levar unha cinta en bandoleira, asas ou incluso tipo mochila…
4#. O mundo da mercería
Tamén tivemos que adentrarnos no mundo da mercería, bies, borlas, pompóns, puntillas…
Hai todo un mundo de posibilidades á hora de engalanar tanto instrumentos como a funda.
COMO É A FUNDA PERFECTA PARA O TEU INSTRUMENTO?
Cóntanos…!
Agora fáltanos o máis importante, a túa opinión.
Que tecido che parece o máis axeitado?
Que prefires levála en bandoleira ou tipo mochila?
Gústache a típica en cor negro ou prefires algo máis de colorido?
Podes deixar os teus comentarios máis abaixo.
Boas!! Eu prefiro algo colorido. Noraboa polo blog! Encantame
Olá Manu!
Grazas por darnos a túa opinión.
Para nós é fundamental saber o que vos gusta.
Unha aperta
Ola!
Primeiriño de nada parabens por o blog. Encantame!!!
Para min a funda perfecta sería una funda multifunción. Explícome.
Teño pandeiro, pandeireta e pandeira. A funda perfecta para min sería por exemplo, una funda cadrada para o pandeiro pero con algún sistema para poder acoplar mediante corchetes ou calquera outra cousa que se vos ocorra unha funda para a pandeireta para cando precise levar as duas cousas. E o mesmo para a funda da pandeira para poder acoplar a de pandeireta. Por suposto colorida e para poder levar de bandoleira e tamén na man. Ahhhh, que case se me olvida. E tamén con espazo para gardar carpeta de partituras, carteira, mobil, chaves…etc.
Casi nada verdade?
Parabens outra vez polo blog
Olá Silvia!
Que montón de ideas nos das…! Moitas grazas!
Co que nos contas xa temos para darlle voltas a cabeza.
Mola moito o de acoplar distintas fundas para levar varios instrumentos.
Tomamos nota de todo…!
Beixiños
Ola equipazo!
Pois agora que o dicides a min prestábame ter unha funda de mochila, tal como dicides, impermeable de loneta. E na que caiban cousas como puxestes!!
Que ganas de velas!!
Así coloridas!!
Ánimo!!
Nesas andamos!
Esperamos poder ensinar algunhas pronto.
Moitas grazas por compartir con nós a túa funda ideal, eso axúdanos a centrarnos un pouco.
Beixiños
Olá, a miña funda perfecta sería aquela que, aparte de protexela fronte as inclemencias do tempo puidera usala como bolso cando a levo, é dicer, poder levar as chaves, o móvil, a carteira, o boli/lapiz e anotacións.
Gústame que non sexa negra pero tampouco moi colorida, gustaríame que non fora redonda se non mais ben rectangular cunha solapa que abarcara toda a parte de diante, tipo bolso.
Outra opción que non está mal e poder levala tipo mochila porque cando vas de foliada podela levar á espalda e bailar o mesmo tempo sen que te estorbe no lado.
Saúdos.
Moitos parabéns polo blog!!!!
Gracias Cris por contarnos como é a túa funda ideal.
A verdade é que hai que ter moitas cousas en conta…!
Nos aquí seguimos dandolle voltas… a ver que vai saindo.
Iremos informando sobre os nosos avances.
Unha aperta e grazas…!