NOTA: A DÍA DE HOXE NON FACEMOS FUNDAS.
Como xa contamos fai un tempo, andamos co proxecto de facer as fundas para os instrumentos.
Levamos un tempiño investigando, facendo probas, fallando e voltando a comezar…. pero por fin podemos amosarche algunha cousiña.
Esta semana traemos unha funda para pandeireta.
A funda é un complemento imprescindible para a túa pandeireta.
Se liches o artigo Como manter a túa pandeireta en perfecto estado xa sabes por que. (E se non, bótalle un ollo…!)
Incorporamos moitas das ideas que nos propuxéstes a raíz do artigo Na procura da funda perfecta para o teu instrumento, así que moitas gracias a todos os que fixestes comentarios nesa entrada e que sepades que sodes copartícipes neste deseño…!
A primeira Funda para pandeireta SonDePau
1#. O deseño da funda
♥ Multiusos
Queríamos conseguir unha funda moi versátil.
Que sirva para levar a pandeireta ben protexidiña, pero ademáis… que nos sirva para levar todo o que precisamos para tocar (partituras, notas, cera…) e tamén os nosos obxetos persoais (móbil, chaves, monedeiro…)
♥ A Forma
O primeiro que chama a atención é que non é a típica funda de pandeireta redonda.
Desta volta decidimos facela cadrada.
E dirás tí, por que cadrada…?
A nosa idea era engadir bolsillos para poder levar unha libretiña, as partituras, notas … cousas que normalmente son de forma rectangular e nunha funda redonda faise dificil gardar…
♥ Os bolsillos
Cando saes a tocar ademáis da pandeireta tes que levar outro bolso coas túas cousiñas ou se non, meter todo nos bolsillos co incomodo que é…!
Por iso coa idea de que leves todo o que precisas na túa funda fixemos varios bolsillos.
Por suposto o máis importante é o compartimento onde vai a pandeireta. Está acolchado e leva un forro interior de algodón verde, …para que a pandeireta vaia ben cómoda…! E pecha cunha cremalleira para que quede ven gardadiña.
Ten outro bolsillo que ocupa toda a traseira da funda e é axeitado para gardar libreta, partituras, notas… este bolsillo péchase con cremalleira.
E o derradeiro…, un bolsillo tipo acordeón na parte dianteira. Este pecha con velcro e sirve para levar o móbil, o monedeiro, as chaves…
♥ E como imos levar a nosa funda?
Non che pasa que cando vas tocar tes que deixar a funda por aí, no primeiro sitio que atopas… e logo tes que andar pendente dela. E se, ademáis, levas dentro obxetos persoais pois xa non podes estar tranquila…!
Por iso pensamos que tivera unha doble forma de levala.
Por unha banda pódese levar pendurada do ombreiro coma un bolso ou cruzada tipo bandoleira.
Pero … tamén se transforma nunha cómoda mochila, simplemente cambiando de posición a cincha, é moi fácil..!
Así podes estar tocando coa funda as costas… sen preocupacións!
2#. Que precisamos para facer a funda?
Unha vez que o deseño estivo claro houbo que buscar tecidos, forros, acolchado, fíos, cremalleiras, mosquetóns, cinchas….Ahhhhh!!! Toca ir de compras…!
Unha paseiño polas tendas de telas, polas mercerías, polas guarnicionerias…
Ata que … por fín…! xa temos todo o que precisamos…! Así que…
3#. Mans á obra
O tecido que escollemos foi unha lona impermeable de algodón negro, un material de calidade e resistente. E dándolle o contrapunto, unha loneta de algodón con estampación de casiñas.
As características que buscamos nos tecidos:
- De calidade e resistentes
- Impermeables
- Lavables
- E que sexan bonitas… claro! Ainda que esto vai en gustos.
E agora toca patróns e porse a coser….
4#. E Tachán….
Velaqui a nosa primeira funda para pandeireta… no primeiro posto que montamos, que por certo… foi no festival de Gaitas de Xinzo de Limia o día 15 de Xullo.
5 #. Graciñas de novo
Gracias de novo a tódolos que aportastes as vosas ideas para este deseño. Queremos facer cousas que che sexan útiles e que che permitan desfrutes da túa afición pola música ó máximo.
Así que seguiremos preguntándoche…. que é o que precisas…?
Que che parece esta funda para pandeireta?
Danos a túa opinión, queremos saber:
- Se engadirías algunha cousa?
- Se quitarías algo?
- Sabes dalgún outro tecido que poida ir ben na funda?
- E calqueira cousa que se che ocurra…
Aquí tes un albúm de fotos da funda, para que poidas verla con máis detalle.
<3 <3 <3
Eu fixen a miña primeira funda para pandeireta forrándoa por dentro cunha mantiña de cando o meu fillo era pequeno, non é tan profesional nin está tan ben pensada como a vosa pero ten o seu aquel 🙂 (por aquí non se poden meter fotos?, son unha nai orgullosa da súa criatura 😉 )
Tan profesional non sería… pero o valor sentimental que ten esa funda é dificil de superar, seguro…!
O das fotos non sei… ? vouno mirar e xa che conto…
Unha aperta para esa nai orgullosa…!??
Ohhh!, penso que non vira a resposta a este comentario (se non dis o das fotos no outro nin me lembro, de feito non sabía de que falabas :D). Grazas :*
Intentareino no face, cando teña un anaco.